Cancións de aquí e acolá (inclúe CD con 32 pezas)
Martínez Pereiro, PaulinoEste libro recolle un feixe de cantigas tradicionais a capela para que poidan ser cantadas en calquera momento e lugar. A maioría das melodías están tomadas do Cancioneiro Musical de Galicia e do Cancionero gallego.
Ano: 2001
Nº de páxinas: 112
ISBN: 978-84-89803-64-0
Ilustración: Pillado Vega, Ana
Este libro recolle un feixe de cantigas tradicionais a capela para que poidan ser cantadas en calquera momento e lugar. A maioría das melodías están tomadas do Cancionero Musical de Galicia e do Cancionero gallego. A harmonización das mesmas permite a posibilidade de cantalas a dúas ou a tres voces conservando, de calquera dos dous xeitos, o sentido da totalidade. A colección complétase coas versións para coro mixto a catro voces do Cantar de Cego (Véndeme os bois) e o Alalá do Canteiro e coas versións para dúas voces e piano de dous cantos de berce.