Catorce anacos de vida que acontecen en escenarios e tempos moi diferentes. Un suicida, un amnésico, un home que soña, un opositor, un namorado... O único que teñen en común as historias é que por elas deambula alguén que se chama Gustavo, como protagonista ou como secundario.
Ou talvez sexa un único Gustavo e o que cambia son as dimensións onde vive. Que cada quen resolva esa dúbida.
Ano: 2026
Nº de páxinas: 128
ISBN: 9788499954806
Ilustracións: Gabriel Nazzo