Natureza

  1. Novo Aves

    Aves

    9,95€

    Esta guía mostra as 50 especies máis comúns de aves do extremo SW europeo, da chamada rexión eurosiberiana, desde o meridiano 15 até o finis terrae, con información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan…

    Máis información
  2. Novo Guía das árbores de Galicia en CD-rom

    Guía das árbores de Galicia en CD-rom

    9,41€

    CD-ROM que recolle, as distintas árbores que se poden atopar no deambular polos montes e campos galegos.

    Máis información
  3. Novo Guía de ecoloxía cotiá

    Guía de ecoloxía cotiá

    10,00€

    A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas.

    Máis información
  4. Novo Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo

    Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo

    10,00€

    O libro recolle informacións existentes sobre produción ecolóxica, e busca resaltar o que pode ser de utilidade para as hortas galegas. Pretende recoller, tamén, informacións sobre a produción da nosa horta para ver o que pode ser interesante na produción ecolóxica galega.

    Máis información
  5. Novo Guía práctica de enxertos, gallos e mergullos en Galicia

    Guía práctica de enxertos, gallos e mergullos en Galicia

    10,00€

    Nesta guía práctica, o autor fai un percorrido polas cuestións máis importantes a ter en conta para elixir o tipo de reprodución máis axeitada a cada árbore ou arbusto –enxerto, gallo ou mergullo– e a forma de levala a bo fin no noso país.

    Máis información
  6. Novo Guía práctica de xardinaría en Galicia

    Guía práctica de xardinaría en Galicia

    10,00€

    Nesta guía coméntanse unha serie de recomendacións sobre as especies, os labores e traballos a realizar no xardín. Todas as especies aquí mencionadas foron obxecto de traballos e prácticas, así como dun rigoroso seguimento no seu desenvolvemento.

    Máis información
  7. Novo A horta en Galicia. Guía práctica para o cultivo

    A horta en Galicia. Guía práctica para o cultivo

    10,00€

    Obra divulgativa dirixida a todas as persoas interesadas en practicar o cultivo de hortalizas. As variedades citadas neste traballo están no mercado desde hai anos e, tempada tras tempada, seguen demostrando a súa adaptación ao solo e á climatoloxía de Galicia.

    Máis información
  8. Novo Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo

    Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo

    10,00€

    Esta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. Está dirixida, a especialistas, aos moitos afeccionados e afeccionadas, así como ás persoas interesadas no coñecemento da nosa riqueza froiteira.

    Máis información
  9. Novo A arte do bo pescar

    A arte do bo pescar

    9,50€

    A arte do bo pescar, en definitiva, é unha obra que pon en valor esta actividade que forma parte tamén da cultura das nosas vilas e cidades mariñeiras. Esta guía representa, por unha banda, a plasmación dos coñecementos adquiridos polo autor ao longo da súa dilatada experiencia e, por outra, o seu desexo de transmitirllos aos apenas iniciados nesta práctica e a quen aínda non se deixaron atraer por ela.

    Máis información
  10. Novo A horta sen químicos

    A horta sen químicos

    19,80€

    Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do concello.

    Máis información
  11. Novo O carballo

    O carballo

    14,90€

    Con esta obra, Baía Edicións pon en marcha unha nova colección (en formato grande e encadernación en capa dura) de divulgación de elementos singulares do noso medio natural, dirixida, fundamentalmente, a nenas e nenos de ensino primario, baixo o lema xenérico de A aventura de vivir.

    Máis información
  12. Novo Compendio de herbas máxicas

    Compendio de herbas máxicas

    19,00€

    Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.

    Máis información
  13. Novo Guía das macroalgas de Galicia en CD-rom

    Guía das macroalgas de Galicia en CD-rom

    9,41€

    CD-ROM que recolle, por primeira vez, ilustrada a toda cor, a descrición das 90 macroalgas máis importantes das nosas costas.

    Máis información
  14. Novo Guía das libélulas de Galicia

    Guía das libélulas de Galicia

    35,00€
    Esta guía facilita a identificación das libélulas mediante a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendo fincapé nas características que sirvan para a distinción mediante a única axuda duns prismáticos. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país e mesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor.
    Máis información
  15. Novo Guía dos microorganismos das augas continentais

    Guía dos microorganismos das augas continentais

    15,00€

    Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.

    Máis información
  16. Novo Árbores

    Árbores

    9,95€

    Esta guía mostra as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detallados da súa follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas.

    Máis información
  17. Novo Cogomelos

    Cogomelos

    9,95€

    Móstranse as 50 especies máis comúns en Europa Occidental, achegando unha información moi seleccionada, cunha linguaxe sinxela, que proporciona os coñecementos suficiente para identificalos correctamente. Para enriquecer a información, estas 50 especies van acompañadas de 2 ou 3 debuxos de outras, tamén comúns, coas que comparten características (consistencia, hábitat, cor…).

    Máis información
  18. Novo Guía dos fentos de Galicia

    Guía dos fentos de Galicia

    15,00€

    A importancia desta guía, ademais de ser a primeira que no noso país trata especificamente o mundo dos pteridófitos, queda tamén reflectida no considerable número de especies autóctonas analizadas.

    Máis información
  19. Novo Guía dos mamíferos de Galicia

    Guía dos mamíferos de Galicia

    15,00€

    Esta guía pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos. Recolle por primeira vez noventa e oito especies de mamíferos terrestres e mariños que viven en estado salvaxe, utilizan os seus hábitats de xeito sedentario, migratorio ou con presenza accidental en Galicia.

    Máis información
  20. Novo Guía dos anfibios e réptiles de Galicia

    Guía dos anfibios e réptiles de Galicia

    15,00€

    Recolle todos os anfibios e réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición con mapas de distribución e unha completa clave de identificación con debuxos detallados das especies.

    Máis información