Natureza

  1. Cogomelos

    9,95€

    Móstranse as 50 especies máis comúns en Europa Occidental, achegando unha información moi seleccionada, cunha linguaxe sinxela, que proporciona os coñecementos suficiente para identificalos correctamente. Para enriquecer a información, estas 50 especies van acompañadas de 2 ou 3 debuxos de outras, tamén comúns, coas que comparten características (consistencia, hábitat, cor…).

    Máis información
  2. Guía dos fentos de Galicia

    15,00€

    A importancia desta guía, ademais de ser a primeira que no noso país trata especificamente o mundo dos pteridófitos, queda tamén reflectida no considerable número de especies autóctonas analizadas.

    Máis información
  3. Guía dos mamíferos de Galicia

    15,00€

    Esta guía pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos. Recolle por primeira vez noventa e oito especies de mamíferos terrestres e mariños que viven en estado salvaxe, utilizan os seus hábitats de xeito sedentario, migratorio ou con presenza accidental en Galicia.

    Máis información
  4. Guía dos anfibios e réptiles de Galicia

    15,00€

    Recolle todos os anfibios e réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición con mapas de distribución e unha completa clave de identificación con debuxos detallados das especies.

    Máis información
  5. Guía das árbores de Galicia

    22,00€

    Esta guía pretende ser útil ás persoas interesadas en coñecer as distintas árbores que se poden atopar no deambular polos montes e campos galegos. Inclúe todas as especies, tanto as consideradas autóctonas, como aquelas alóctonas naturalizadas.

    Máis información
  6. Guía das Orquídeas de Galicia

    15,00€

    Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas...

    Máis información
  7. Guía micolóxica dos ecosistemas galegos

    15,00€

    Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos.

    Máis información
  8. Guía das aves de Galicia

    49,00€

    Esta nova edición da Guía das Aves é o resultado do extraordinario traballo desenvolvido polos autores nos últimos anos para actualizar a información das 448 especies analizadas, que tamén son ilustradas por Calros Silvar.

    Máis información
  9. Guía dos liques de Galicia

    15,00€

    A primeira Guía xeral de liques editada no estado. Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía.

    Máis información
  10. Remedios da nosa horta medicinal

    25,00€

    A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva.

    Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de “natural”, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.

    Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.

    Máis información