Natureza

  1. O carballo

    14,90€

    Con esta obra, Baía Edicións pon en marcha unha nova colección (en formato grande e encadernación en capa dura) de divulgación de elementos singulares do noso medio natural, dirixida, fundamentalmente, a nenas e nenos de ensino primario, baixo o lema xenérico de A aventura de vivir.

    Máis información
  2. Guía das libélulas de Galicia

    35,00€
    Esta guía facilita a identificación das libélulas mediante a súa observación directa, sen intervención nin captura, facendo fincapé nas características que sirvan para a distinción mediante a única axuda duns prismáticos. Descríbense 62 das especies máis habituais no noso país e mesmo algunhas que, polas condicións de cambio climático existentes, é previsíbel que comecen a ter o seu hábitat natural en breve espazo de tempo en Galicia. Todas elas magnificamente ilustradas por Calros Silvar a toda cor.
    Máis información
  3. Guía dos microorganismos das augas continentais

    15,00€

    Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.

    Máis información
  4. Guía das macroalgas de Galicia

    5,00€

    OFERTA!

    Esta guía recolle, por primeira vez, ilustrada a toda cor por Calros Silvar, a descrición das 90 macroalgas máis importantes das nosas costas, do medio no que viven e da relación que estabelecen co resto das comunidades que conforman o ecosistema litoral.

    Máis información
  5. Árbores

    9,95€

    Esta guía mostra as 50 especies de árbores máis comúns en Europa Occidental en calquera época do ano. Os textos e ilustracións detallados da súa follas, flores e froitos, da cortiza e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas.

    Máis información