Natureza

  1. Guía das Orquídeas de Galicia

    15,00€

    Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas...

    Máis información
  2. Guía micolóxica dos ecosistemas galegos

    15,00€

    Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos.

    Máis información
  3. Guía das aves de Galicia

    49,00€

    Esta nova edición da Guía das Aves é o resultado do extraordinario traballo desenvolvido polos autores nos últimos anos para actualizar a información das 448 especies analizadas, que tamén son ilustradas por Calros Silvar.

    Máis información
  4. Guía dos liques de Galicia

    15,00€

    A primeira Guía xeral de liques editada no estado. Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía.

    Máis información
  5. Remedios da nosa horta medicinal

    25,00€

    A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva.

    Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de “natural”, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.

    Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.

    Máis información