Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo
Camacho Lliteras, Juan LuisEsta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. Está dirixida, a especialistas, aos moitos afeccionados e afeccionadas, así como ás persoas interesadas no coñecemento da nosa riqueza froiteira.
Ano: 2002
Nº de páxinas: 104
ISBN: 978-84-87674-45-7
Ilustración: Silvar, Calros
Esta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. Escrita cunha linguaxe sinxela e clara, alonxada de tecnicismos, está dirixida, a especialistas, aos moitos afeccionados e afeccionadas que cultivan en parcelas familiares dedicadas ao propio esparcemento, así como ás persoas interesadas no coñecemento da nosa variada riqueza froiteira.
Complétase con esquemas prácticos que serven de pauta para a realización dos enxertos e a poda, e de fotografías que axudan á identificación das enfermidades máis frecuentes.
Inclúe así mesmo un interesante receitario para a elaboración de conservas e licores de froitas.