Cultivo

  1. Guía de ecoloxía cotiá

    10,00€

    A súa finalidade é a de achegar ideas ao debate sobre o modelo de sustentabilidade, especialmente no referido ao ámbito do consumo e á ecoloxía doméstica, así como divulgar prácticas que incidan en actitudes e comportamentos coherentes coas ideas defendidas.

    Máis información
  2. Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo

    10,00€

    O libro recolle informacións existentes sobre produción ecolóxica, e busca resaltar o que pode ser de utilidade para as hortas galegas. Pretende recoller, tamén, informacións sobre a produción da nosa horta para ver o que pode ser interesante na produción ecolóxica galega.

    Máis información
  3. Guía práctica de enxertos, gallos e mergullos en Galicia

    10,00€

    Nesta guía práctica, o autor fai un percorrido polas cuestións máis importantes a ter en conta para elixir o tipo de reprodución máis axeitada a cada árbore ou arbusto –enxerto, gallo ou mergullo– e a forma de levala a bo fin no noso país.

    Máis información
  4. Guía práctica de xardinería en Galicia

    10,00€

    Nesta guía coméntanse unha serie de recomendacións sobre as especies, os labores e traballos a realizar no xardín. Todas as especies aquí mencionadas foron obxecto de traballos e prácticas, así como dun rigoroso seguimento no seu desenvolvemento.

    Máis información
  5. Árbores froiteiras en Galicia. Guía práctica para o cultivo

    10,00€

    Esta guía representa o mellor instrumento para a plantación e mantemento de árbores froiteiras en Galicia. Está dirixida, a especialistas, aos moitos afeccionados e afeccionadas, así como ás persoas interesadas no coñecemento da nosa riqueza froiteira.

    Máis información
  6. A arte do bo pescar

    9,50€

    A arte do bo pescar, en definitiva, é unha obra que pon en valor esta actividade que forma parte tamén da cultura das nosas vilas e cidades mariñeiras. Esta guía representa, por unha banda, a plasmación dos coñecementos adquiridos polo autor ao longo da súa dilatada experiencia e, por outra, o seu desexo de transmitirllos aos apenas iniciados nesta práctica e a quen aínda non se deixaron atraer por ela.

    Máis información
  7. A horta sen químicos

    19,80€

    Este é un documento de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultivar a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin "mineral", nin "sulfatos", nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do concello.

    Máis información
  8. Remedios da nosa horta medicinal

    25,00€

    A horta tradicional forneceu á casa de comida, pero tamén de medicina. Ao longo das páxinas deste libro, Maria Frá preséntanos por volta de 40 plantas comúns nas hortas galegas que son remedios, convidándonos a transformar as nosas hortas, xardíns e balcóns nunha botica viva.

    Moitos dos remedios recollidos nesta guía poden resultar familiares, porque son as mesmas receitas e están elaborados coas mesmas herbas que utilizaban as nosas avoas. Foron seleccionados desde o convencemento de que a medicina que necesitamos está aquí, aos nosos pés, recusando os remedios exóticos e as panaceas que nos ofrece a industria baixo a etiqueta de “natural”, pero sen ignorar que a medicina popular ten que estar viva e, polo tanto, permeábel a novos coñecementos e novas adquisicións.

    Coa convicción de que os saberes tradicionais sobre plantas medicinais non son soamente historia, nin deben ficar ancorados no pasado ou convertidos en obxectos de museo, esta guía ofrécenos un punto de partida para comezar a tecer na vella rede da medicina popular coas nosas propias experiencias e a formar parte da cadea de transmisión da sabedoría ancestral do noso pobo sobre autoxestión da saúde.

    Máis información