Guías
-
Guía dos fentos de Galicia
15,00€A importancia desta guía, ademais de ser a primeira que no noso país trata especificamente o mundo dos pteridófitos, queda tamén reflectida no considerable número de especies autóctonas analizadas.
Máis información -
Guía dos microorganismos das augas continentais
15,00€Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.
Máis información -
Guía das macroalgas de Galicia
5,00€OFERTA!
Esta guía recolle, por primeira vez, ilustrada a toda cor por Calros Silvar, a descrición das 90 macroalgas máis importantes das nosas costas, do medio no que viven e da relación que estabelecen co resto das comunidades que conforman o ecosistema litoral.
Máis información -
Guía dos liques de Galicia
15,00€A primeira Guía xeral de liques editada no estado. Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía.
Máis información -
Guía das aves de Galicia
49,00€Esta nova edición da Guía das Aves é o resultado do extraordinario traballo desenvolvido polos autores nos últimos anos para actualizar a información das 448 especies analizadas, que tamén son ilustradas por Calros Silvar.
Máis información -
Guía micolóxica dos ecosistemas galegos
15,00€Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos.
Máis información -
Guía das Orquídeas de Galicia
15,00€Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que son as orquídeas. Na primeria parte expóñense aspectos como a súa morfoloxía, bioloxía ou distribución que nos permitirán adquirir unha visión global sobre elas...
Máis información -
Guía das árbores de Galicia
22,00€Esta guía pretende ser útil ás persoas interesadas en coñecer as distintas árbores que se poden atopar no deambular polos montes e campos galegos. Inclúe todas as especies, tanto as consideradas autóctonas, como aquelas alóctonas naturalizadas.
Máis información -
Guía dos anfibios e réptiles de Galicia
15,00€Recolle todos os anfibios e réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición con mapas de distribución e unha completa clave de identificación con debuxos detallados das especies.
Máis información -
Guía dos mamíferos de Galicia
15,00€Esta guía pretende dar a coñecer a todas as persoas interesadas este tesouro da natureza galega que son os mamíferos. Recolle por primeira vez noventa e oito especies de mamíferos terrestres e mariños que viven en estado salvaxe, utilizan os seus hábitats de xeito sedentario, migratorio ou con presenza accidental en Galicia.
Máis información