Máis vistas

O abc da parella

REF.:978-84-87674-91-4
3,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O obxectivo deste libro é ofrecer as estratexias que poden axudar e facilitar a convivencia en parella, identificando as áreas problema e orientando sobre formas de afrontalas xuntos de maneira activa.

Información adicional

Ano 1996
Nº de páxinas 60
ISBN 978-84-87674-91-4
Autoría Casete Fernández, Lorena e Ruíz López, Rafael M.

Details

O obxectivo deste libro é ofrecer as estratexias que poden axudar e facilitar a convivencia en parella, identificando as áreas problema e orientando sobre formas de afrontalas xuntos de maneira activa.

Preténdese ofrecer un modelo práctico e sinxelo sobre os principais aspectos que inflúen na convivencia: os conceptos básicos da relación, a comunicación, a maneira de se enfrontar e solucionar as dificultades con que se encontran, a maneira en que se demostran afecto ou malestar, a habilidade que teñen para se comunicar a nivel sexual, como se premian e se divirten entre eles...

Este manual tamén propón algúns exercicios prácticos, cuxo obxectivo é familiarizar sobre aquelas actitudes e estratexias que deberan ser habituais na convivencia.

O libro non está pensado para aquelas parellas nas que o deterioro alcanzou un nivel máximo, onde resulta moito máis adecuado recorrer a un especialista en terapia de parella.