Máis vistas

O abc do ligue

REF.:978-84-87674-90-7
3,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Este libro recolle as achegas da Psicoloxía científica ao tema, desde a premisa de que as formas eficaces de ligar son tantas como persoas e relacións diferentes se inicien. A formulación máis eficaz será aquela que teña en conta as características de personalidade de cadaquén...

Información adicional

Ano 1997
Nº de páxinas 64
ISBN 978-84-87674-90-7
Autoría Casete Fernández, Lorena e Ruíz López, Rafael M.

Details

Este libro recolle as achegas da Psicoloxía científica ao tema, desde a premisa de que as formas eficaces de ligar son tantas como persoas e relacións diferentes se inicien. A formulación máis eficaz será aquela que teña en conta as características de personalidade de cadaquén, os recursos persoais, e a necesaria autoconfianza en conseguir relacións afectivas ou ligues.

Neste ABC pódese atopar un instrumento de reflexión e aprendizaxe sobre:

* O ligue e os sentimentos, tanto propios como alleos.

* Que buscamos cando imos ligar.

* A capacidade de sedución e como potenciala.

Ao longo deste libro iráse analizando cada elemento do proceso de ligue, desde como contactar con novas persoas até como consolidar unha relación; tamén se darán pistas sobre cales poden ser os lugares máis axeitados para estabelecer novos encontros, que mensaxes soen intercambiarse ao ligar (miradas, xestos...) e como interpretalos. Por último veránse as dificultades máis frecuentes que aparecen cando nos propoñemos dar un paso máis cara á outra persoa.