Máis vistas

O País do Gran Furado

REF.:9788499953243
13,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).


«O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.


Información adicional

Ano 2019
Nº de páxinas 26
ISBN 9788499953243
Autoría Quintiá Pérez, Xerardo
Ilustración López Vázquez, Noemí

Detalles

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019).

«O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade.

Ademais, a resolución de conflitos desde unha perspectiva pacifista e a través da palabra, nunha historia na que Toribia e a súa banda de punk son quen de axudar a outras mulleres, é outro dos grandes acertos deste texto paródico, distópico e humorístico».

O conto emprega a poesía narrativa como recurso moi apropiado para que o público lector ao que vai dirixido (nenas e nenos de 3 a 8 anos) interiorice máis facilmente a mensaxe da súa historia.

 

***

MAXI-miliano é un tirano que mantén o seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres.

No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll.

Con intelixencia, poesía e perdices consegue transformar a sociedade e alcanzar a igualdade entre mulleres e homes.

 

Armando Requeixo realiza unha recesión da obra no apartado Letras Atlánticas do xornal El País.

El Progreso comunica a resolución do premio.

Sermos Galicia informa do premio.

Galicia Confidencial comunica o gañador do premio.

Galiciapress informa do premio.

Nós Televión comunica a resolución do premio.

Análise da obra en Trafegando Ronseis.