Máis vistas

O segredo de Caaveiro

REF.:9788499953878
17,50€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:


Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos?


Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai fronte a unha grave dificultade pola que os seus veciños se puxeron a mal con eles.

Información adicional

Ano 2022
Nº de páxinas 200
ISBN 9788499953878
Autoría Quesada, María Antonia
Ilustración Pisón, Xulia

Details

Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos?

Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai fronte a unha grave dificultade pola que os seus veciños se puxeron a mal con eles.

Mentres pensan como poderían axudar a Uxía, os nenos atopan nunha antiga biblioteca un libro cunha estraña mensaxe de auxilio que os levará ata as fragas do Eume.

Na súa pescuda os rapaces farán unha viaxe extraordinaria polo tempo e coñecerán a terríbel historia das persoas que viviron na casa de Montenegro, onde eles veranean cos seus avós. Estes achados poden dar un xiro radical á investigación policial sobre un crime.

Quen foron perseguidos no pasado seica poden dar saída ós problemas da familia de Uxía.