Ofertas

  1. Cultivos mariños en Galicia (+ 36 diapositivas)

    5,00€
    Nesta Unidade faise unha análise da distribución e do hábitat dos cultivos mariños, estudando a orixe, evolución, anatomía, bioloxía e a descrición das distintas especies. Inclúe tamén unha descrición de diapositivas, un glosario e unha bibliografía. Máis información
  2. Milagre da terra

    10,00€

    Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.

    Máis información
  3. Terra e Nostalxia

    10,00€

    Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida.

    Máis información
  4. Ananiños do bosque

    10,00€

    O mundo dos cogomelos é un capricho natural. Admirando as fotos da taiwanesa Gwendolyn Luo semella doado sacarlle tanto rendemento visual ás marabillas micolóxicas que os galegos tan pouco tendemos a xantar.

    Máis información
  5. Entre o ceo e o mar

    10,00€

    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosista visión de Gwendolyn Luo busca a beleza detallista na vida cotiá do mar, dos mariñeiros e das xentes da beiramar.

    Máis información
  6. Luís Suárez. Fútbol de seda

    15,00€
    A publicación ve a luz ao se celebrar o 50 aniversario da concesión a Luís Suárez do galardón máximo que pode alcanzar un futbolista profesional a título individual, coincidindo tamén, casualmente, co ano no que se cumpre o 75 aniversario do seu nacemento no barrio coruñés de Monte Alto.
    Máis información
  7. Orientarse pola Ribeira Sacra. Viaxe ao interior

    10,00€

    Esta guía responde ao espírito da maneira de viaxar de Marco Polo, dos ilustrados... na que a viaxe se concibe como unha experiencia vital.

    Máis información
  8. O movemento romántico

    5,00€

    Primeiro volume desta serie que fala do movemento romántico, analizando o prerromanticismo, o romanticismo británico, o norteamericano, o alemán, o francés, o italiano, o portugués e, finalmente, o ruso.

    Máis información
  9. O realismo

    5,00€

    Segundo volume desta serie que fala do Realismo, realizando unha exposición explicativa deste movemento literario, seguido do realismo francés, o inglés, o norteamericano, o alemán, o italiano, o portugués, o ruso, e finalmente, o teatro de Ibsen e de Strindberg.

    Máis información
  10. Frei Benito Xerónimo Feixoo

    2,50€

    Este estudo analiza a vida e obra de Frei Benito Xerónimo Feixoo, dirixido a todas as persoas interesadas na historia do pensamento e de gran utilidade como material complementario para as materias da Filosofía e Historia no Bacharelato.

    Máis información