Ofertas

  1. Dicionario de Física

    15,00€

    Dicionario temático que mostra que tamén a ciencia se pode tratar en galego e que dá cabida a unha ampla colección de termos empregados tanto na física clásica como na moderna, así como en disciplinas que se solapan con ela.

    Máis información
  2. Cultivos mariños en Galicia (+ 36 diapositivas)

    5,00€
    Nesta Unidade faise unha análise da distribución e do hábitat dos cultivos mariños, estudando a orixe, evolución, anatomía, bioloxía e a descrición das distintas especies. Inclúe tamén unha descrición de diapositivas, un glosario e unha bibliografía. Máis información
  3. Xavier Zubiri

    2,50€

    Manual que profundiza en aspectos singulares do pensamento e obra de Xavier Zubiri, dirixido a todas as persoas interesadas na historia do pensamento e de gran utilidade como material complementario para as materias da Filosofía e Historia no Bacharelato.

    Máis información
  4. Pintor por Italia

    10,00€

    É máis que un diario de viaxes e un catálogo de imaxes, é a simple –coa súa dificultade– mostra da personalidade dun dos máximos representantes da expresión plástica galega actual, e que agora se nos descobre tamén como un magnífico escritor.

    Máis información
  5. Xeografía real e mítica das augas de Galicia

    15,00€

    A contemplación do acuático leva á sensación do líquido, e a auga e as súas manifestacións van ser protagonistas da obra. Nela están recollidos símbolos universalmente compartidos, sobradamente do amor espiritual e carnal e outros aspectos que dan sentido ao título deste limiar que tamén marca un límite e unha porta franca para acceder ao coñecemento importante que aquí está presente.

    Máis información
  6. Breve historia da Coruña

    10,00€

    Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto.

    Máis información
  7. Cartas no exilio

    5,00€

    A edición dunha correspondencia contén moi diversos e variados traballos de investigación, que se adaptan mellor ao traballo en equipo que ao individual. Desde os inicios deste proxecto, na primavera de 2003, varias persoas implicáronse nel, desde a paixón investigadora e a xenerosidade do saber.

    Máis información
  8. A Coruña liberal 1808-1874

    10,00€

    A Coruña goza de sona de cidade liberal, progresista, democrática e mesmo republicana. O presente estudo presenta unha colección de documentos nos que se manifestan estas actitudes ao longo das etapas históricas.

    Máis información
  9. O orballo da igualdade

    10,00€

    O presente estudo aborda aspectos relacionados coas asociacións que constituíron as mulleres coruñesas desde finais do século XIX até 1936. Obra de grande interese por centrarse na divulgación do coñecemento dos colectivos femininos.

    Máis información
  10. Soren Kierkegaard

    2,50€

    Poucos filósofos como Kierkegaard supoñen un reto tan importante cando se trata de escribir unha obriña que sirva de introdución ao seu pensamento. Con Kierkegaard existen condicionantes obxectivos que apoian esta introdución.

    Máis información