Ofertas
-
Resina de poliéster
7,00€Este libro de Correa Corredoira, o meu amado pintor, é un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dignidade da especie humana e das outras especies. É un documento, un pergameo que se manifesta como o testamento dun pensador rebelde, dividido, crebado pola paixón das súas apostas, das súas necesidades, das súas apostas necesarias.
Máis información -
A casa máis animada do mundo
10,00€Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.
Máis información -
Rodribico vai ao circo
3,00€Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.
Máis información -
Milagre da terra
10,00€Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal.
Máis información -
Terra e Nostalxia
10,00€Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida.
Máis información