Guía dos liques de Galicia
A primeira Guía xeral de liques editada no estado. Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía.
Ano: 2003
Nº de páxinas: 408
ISBN: 978-84-96128-49-1
Ilustración: Silvar, Calros e Riestra, Mariana
Presentamos a primeira Guía xeral de liques editada no estado. A primeira parte trata aspectos xerais, acompañados de debuxos de Mariana Riestra e Calros Silvar e fotografías que facilitarán o uso das chaves e a comprensión das descricións.
Con ela preténdese aproximar os liques a calquera persoa sen coñecementos especiais, e que desperte novas afeccións e vocacións para a liquenoloxía. A seguir, coa súa completa chave, chéganse a determinar 84 xéneros e 317 especies, as máis representativas do noso país.