Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo
Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o...

Horta ecolóxica na Galiza. Guía práctica para o cultivo

Pouliquen, Xan
978-84-96526-02-0
11,05 €
IVA incluido

O libro recolle informacións existentes sobre produción ecolóxica, e busca resaltar o que pode ser de utilidade para as hortas galegas. Pretende recoller, tamén, informacións sobre a produción da nosa horta para ver o que pode ser interesante na produción ecolóxica galega.

Ano: 2005
Nº de páxinas: 192
ISBN: 978-84-96526-02-0
Ilustración: Silvar, Calros

 

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Este texto está pensando para Galiza desde o comezo até o final. O noso país ten condicións ecolóxicas particulares (tipo de solos, clima etc...), e tamén condicións sociais singulares (alén da cultura, organización social e demais, está o reparto das terras, ou o nivel de saber tradicional, por exemplo). De alí que a horta ecolóxica tamén terá as súas propias características.

O libro recolle informacións existentes sobre produción ecolóxica, e busca resaltar o que pode ser de utilidade para as hortas galegas. E viceversa: pretende recoller informacións sobre a produción da nosa horta para ver o que pode ser interesante na produción ecolóxica galega.

Trátase aquí da horta ecolóxica para autoconsumo, pero tamén se dan claves técnicas para explotacións agrarias que pretendan vivir desta produción.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.