A Coruña liberal 1808-1874
A Coruña liberal 1808-1874

A Coruña liberal 1808-1874

Romero Masiá, Ana
978-84-96526-00-6
11,05 €
IVA incluido

A Coruña goza de sona de cidade liberal, progresista, democrática e mesmo republicana. O presente estudo presenta unha colección de documentos nos que se manifestan estas actitudes ao longo das etapas históricas.

Ano: 2005
Nº de páxinas: 136
ISBN: 978-84-96526-00-6
Ilustración: Romero Masiá, Rafael

 

A Coruña goza de sona de cidade liberal, progresista, democrática e mesmo republicana. O presente estudo presenta unha colección de documentos nos que se manifestan estas actitudes ao longo das etapas históricas, complementado cun interesante e ilustrador prólogo do historiador e Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Na historia de España que transcorreu entre as significativas datas de 1808 -inicio do liberalismo- e 1874 -inicio da restauración- diferéncianse con claridade unha serie de períodos marcados pola existencia ou ausencia de liberdades e dereitos políticos, e que se manifestaban especialmente na vixencia ou suspensión do sistema constitucional. A través da actividade do Concello coruñés pódese seguir puntualmente a sucesión de acontecementos que marcaron os cambios de rumbo na política española neste período, destacando a súa aposta decidida en varios momentos para iniciar ou contribuír loita polas liberdades. Porén, non se trata neste estudo, de presentar a historia política española a través dunha selección documental coruñesa, senón de destacar o papel desempeñado polas autoridades municipais e a cidadanía naqueles momentos máis significativos que permitiron cambios de carácter progresista e democrático, ofrecendo, como contraste, a actuación de Corporacións contrarias a estes principios e idearios.

As fontes utilizadas son todas elas de carácter primario, é dicir, coetáneas dos feitos, e consérvanse, agás escasísimos casos, no Arquivo Municipal da Coruña. Trátase basicamente de textos de carácter político que responden a catro tipos de documentos: bandos, proclamas, manifestos e actas de acordos da corporación municipal.

Todo o anterior fai deste libro, que abre a colección "Retallos da nosa historia", unha obra de grande importancia e interese para a divulgación da "pequena historia" da cidade da Coruña, co interese engadido de presentarnos os nomes das persoas de máis influencia da época.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.