Niklas Luhmann
Niklas Luhmann

Niklas Luhmann

Torres Cubeiro, Manuel
978-84-96893-72-6
3,15 €
IVA incluido

Baia Edicións

Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade.

Ano: 2008
Nº de páxinas: 140
ISBN: 978-84-96893-72-6

 

Niklas Luhmann foi, ante todo, sociólogo. As súas obras son unha socioloxía da sociedade complexa actual. Pero para Luhmann esta sociedade non está formada por seres humanos, senón por sistemas. Os homes, non somos a sociedade. Esta idea choca coa intuición que temos da sociedade fóra da socioloxía, pois: non vivimos, nos repetimos até a saciedade, en tempos de homes civilizados e con dereitos? Non vivimos acaso nunha sociedade democrática de homes civilizados, iguais en dereitos? Luhmann non foi un tolo da ciencia ficción para o que viviriamos nun mundo de ciborgs. Luhmann foi un sociólogo alemán obsesionado en describir a complexidade social na que vivimos. Para el, as explicacións tradicionais (veteroeuropeas) ancoraban nunha filosofía obsoleta, con visións da realidade (ontoloxías) non suficientemente complexas.

Luhmann constrúe a súa teoría porque a tradición, dinos, non describe a sociedade. A formulación tradicional é errónea: é necesario abandonar a ontoloxía da tradición e a súa metafísica. Non hai homes, hai sistemas. A complexidade social contemporánea non se analiza con descricións herdadas das sociedades anteriores. Só desde unha teoría de sistemas complexos é posible facer ciencia da sociedade. Nesta introdución á socioloxía de Luhmann imos explicar o sentido destas afirmacións e a súa coherencia para describir a sociedade na que vivimos.

Como a sociedade actual, a teoría de Luhmann é dunha exterma complexidade; a obra de Luhmann é complexa en si mesma. Pero complexidade significa que non existe, nin pode existir unha perspectiva privilexiada para describir a sociedade actual, e isto ten que asumirse na súa radicalidade.

Este é un libro de introdución á socioloxía de Luhmann, un autor que mira á sociedade moderna de fronte, ofrecendo unha visión complexa do mundo social contemporáneo. Con esta introdución queremos achegar a súa teoría á sociedade galega, pois Galicia é, sen dúbida, unha sociedade complexa.

Se o lector está atento verá que a socioloxía que Luhmann constrúe non só describe a complexidade da sociedade na que actualmente vivimos en Galicia, senón deixar de lado descricións herdadas de sistemas sociais anteriores que coexisten no presente. Esta introdución a Luhmann en galego ten esta intención clara: axudar a comprender a complexidade da Galicia actual á luz da teoría do sistema sociedade de Niklas Luhmann. Ofrece unha plataforma inmellorábel para observar Galicia. Internándonos no pensamento complexo de Luhmann permitiranos mirar a nosa vida moderna cuns novos ollos. Facelo é extremadamente difícil e require un esforzo teórico comparable ao de entender a filosofía dialéctica de Hegel ou ao de comprender a física relativista de Einstein. Este esforzo será compensado con creces pola riqueza da posición teórica adoptada e coa fina ironía que se esconde en cada unha das frases da obra deste pensador.

Venda do libro electrónico AQUÍ.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.