O abc da choiva ácida
Manual que pon en valor a problemática xerada pola actividade das centrais térmicas que empregan no seu proceso de produción de enerxía eléctrica minerais como o carbón ou o lignito e que provoca un dos axentes contaminantes con maiores efectos negativos sobre o noso medio: a choiva ácida.
Ano: 1997
Nº de páxinas: 72
ISBN: 978-84-87674-18-1
Manual que pon en valor a problemática xerada pola actividade das centrais térmicas que empregan no seu proceso de produción de enerxía eléctrica minerais como o carbón ou o lignito e que provoca un dos axentes contaminantes con maiores efectos negativos sobre o noso medio: a choiva ácida.
Estudo que, pese a súa concreción e valor divulgativo, non perde o rigor científico e a seriedade ao abordar cunha clara mensaxe de denuncia e de chamada á sociedade para reclamar solucións efectivas das administracións públicas para resolver os efectos da choiva ácida tanto no noso país como no resto do Planeta.
Analízanse o impacto das centrais térmicas das Pontes e de Meirama, as consecuencias da choiva ácida nos vexetais, nos bosques e nos seres humanos, propoñendo sinteticamente unha serie de alternativas a aplicar para reducir e eliminar as súas consecuencias negativas.
O estudo acompáñase dun glosario e unha bibliográfica básica, o que incrementa a súa utilidade como manual complementario de gran aplicación en todos os niveis do ensino obrigatorio para as materias de Bioloxía e Ciencias da Natureza.