O abc do cómic

O abc do cómic

978-84-87674-69-3
3,00 €
IVA incluido

Manual que aborda de forma sinxela a teoría e historia do cómic, acompañado dunha propostas prácticas, de gran utilidade tanto para persoas interesadas no cómic como expresión artística como para o mundo do ensino.

Ano: 1995
Nº de páxinas: 64
ISBN: 978-84-87674-69-3

Autoría: Marín, Xaquín

 

Manual que aborda de forma sinxela a teoría e historia do cómic, acompañado dunha propostas prácticas, de gran utilidade tanto para persoas interesadas no cómic como expresión artística como para o mundo do ensino, para o que se presenta como un material complementario na aprendizaxe da educación plástica e visual mesmo na literaria-, e unha bibliografía básica.

Como apunta Xaquín Marín o cómic constitúe un medio expresivo, pertencente á familia dos medios da integración icónica e da verbal ou literaria.

Nos xa máis de cen anos de andaina do cómic pola historia da humanidade, este tense convertido nunha expresión tan próxima e habitual que ninguén nega a súa importancia como transmisor de valores culturais, estéticos, gráficos, sociais etc que mesmo teñen marcado pegadas profundas en moitas xeracións.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.