Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño... pero, oh!... non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades.
Ano: 2008
Nº de páxinas: 50
ISBN: 978-84-96893-76-4
Ilustración: Carrera, María Ella
A partir de 3 anos
Mimi estaba desexando que nacera o seu irmanciño... pero, oh!... non sabía facer nada. Este conto vai especialmente dirixido a nenas e nenos que teñen irmáns con graves discapacidades.
Notas para pais, nais e educadores
O nacemento dunha filla ou fillo con discapacidade nunha familia é un acontecemento que ten repercusións importantes sobre todas e cada unha das persoas que forman esa familia: pai, nai, irmáns, avós...
Mimi é un conto dirixido a nenos e nenas pequenas que teñen ou acaban de ter un irmán ou irmá con graves discapacidades. Intenta ilustrar a situación do seu nacemento desde a mirada do irmán.
Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar as nenas e nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán ou irmá con graves discapacidades.
Ofrece a pais e educadores un recurso para estimular ao neno a falar do seu irmán, falar do que sente ou vive nesa situación e fomentar a comunicación aberta sobre a discapacidade da irmá ou irmán.
Aprender desde unha idade moi temperá a falar en familia de forma sinxela e aberta sobre un tema difícil, expresar e compartir sentimentos, se ben non resolve o problema, seguramente faino máis levadeiro.
Tamén pretende transmitir unha visión positiva da discapacidade: lonxe de ser un impedimento, a discapacidade pode enriquecer as relacións e vivencias entre irmáns, tan fundamentais no crecemento e desenvolvemento de toda persoa.