Máis vistas

Os espidos pés do destino

REF.:978-84-89803-55-8
10,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O argumento deste libro sitúase na segunda metade do século XV, onde os personaxes viven, sofren, aman e morren sen poder escapar do seu propio camiño. Os mundos, as culturas,... a fantasía e os desexos máis agochados entrelázanse como serpes que andan ás xaneiras.

Información adicional

Ano 2000
Nº de páxinas 168
ISBN 978-84-89803-55-8
Autoría Fernández Caínzos, Xosé Carlos

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

O argumento deste libro sitúase na segunda metade do século XV, onde os personaxes viven, sofren, aman e morren sen poder escapar do seu propio camiño. Os mundos, as culturas, as paisaxes... a fantasía e os desexos máis agochados entrelázanse como serpes que andan ás xaneiras.

É o apelido do camiño, o de Santiago, como o doutras vereas que levan sempre ao mesmo lugar, xa que en todas non hai nin principio nin final, senón o transcorrer do tempo.

É parte da vida e da historia dun home daqueles tempos ou de calquera de nós, dos seus degoiros e vivencias, sen decatarse de que o seu destino xa estaba disposto non só nas constelacións e nas estrelas, senón tamén nas súas propias pegadas mortais.