Papelería

  1. 2020-21. Un curso nas túas mans

    9,00€
    A axenda mantén a estrutura de páxina por día, con espazo suficiente para anotar todas as tarefas e actividades, así como unha pequena caixa a pé de páxina para facer anotacións especiais; algunhas conteñen referencias a comemoracións, as mínimas para o recordo escolar. Máis información
  2. Axenda 2021

    17,00€

    A Axenda 2021 de Baía Edicións vén enriquecer o panorama en galego da edición de axendas-dietarios.

    Das súas características físicas, que rompen coa rixidez tradicional destes produtos, destaca a flexibilidade, e respecto co medio, da súa cuberta de cartón, orixinalmente ilustrada cun motivo da nosa simboloxía prehistórica, a práctica e eficiente goma de pechamento e un cómodo marcador téxtil interior.

    Salienta nesta entrega editorial o compromiso coa divulgación da cultura galega, cun espazo para recordar cada día as efemérides máis relevantes da nosa arte, literatura e ciencia.

    Páxina por día, agás no sábado e domingo que se incorporan nunha soa páxina. Tamaño 230 × 160 mm.

    Máis información