As sopas son unha boa achega á dieta desde o punto de vista nutritivo. O feito de combinar diferentes produtos fai que se mesturen tamén diversas substancias interesantes na alimentación. As máis recomendables son as máis sinxelas, aquelas que inclúen pan, arroz, legumes, fideos ou pataca xunto con verduras. Estes elementos conteñen fibra, moitas proteínas, hidratos de carbono, no caldo que soltan hai numerosos minerais e, o que é máis importante, a ausencia de graxa animal. As sopas condimentadas con cárnicos ou base de caldo, en cambio, achegan máis cantidade de graxa no prato.
Ano: 2011
Nº de páxinas: 176
ISBN: 978-84-9995-028-0
Ilustración: Fotografías de Josep Borrell
Na actualidade, e de xeito xeneralizado, entendemos que a palabra sopa se refire a todos aqueles pratos que, cunha porcentaxe elevada de líquido e con máis ou menos corpos sólidos flotantes ou mergullados, comen con culler. Así, unha palabra que etimoloxicamente explicaba un só concepto concreto, neste caso ‘anaco de pan empapado de líquido’, do xermánico Suppa, pasou ao longo do tempo a acaparar varios significados. Actualmente non só entendemos por sopas aquelas nas que intervén o pan, senón todo tipo de purés, sopas de verduras vistas, sopas a base de caldo, de arroz, de pasta, de legumes etc. No entanto, en galego distínguese esta palabra doutra moi coñecida, pote ou pucheiro.