Máis vistas

Simboloxía máxica en Galicia

REF.:9788499953298
30,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Esta recompilación é o resultado da inquedanza, do interese, da observación e da curiosidade dun incansable buscador de tesouros simbólicos presentes entre nós dende tempo inmemorial. Unha longa andaina de centos de quilómetros e de achegamento aos máis insospeitados recunchos de Galicia convertida en libro para deixar constancia dunha pequena parte do inmenso patrimonio simbólico que posuímos. Formas xeométricas interaccionadas representadas en distintas épocas da historia de Galicia, moitas delas de orixe incerta e fondamente mergulladas na noite dos tempos. Xeometrías que proceden de diversas culturas como a celta, a xermánica etc., que se manteñen practicamente intactas na súa forma orixinal e que foron evoluíndo co paso do tempo chegando en diversas variantes aos tempos actuais sen perder a esencia xeométrica inicial. Simbolismos que son manifestacións fundamentalmente sagradas na súa orixe, protectoras na maior parte dos casos, e que foron derivando co tempo en ornamentais ou decorativas.

Información adicional

Ano 2019
Nº de páxinas 248
ISBN 9788499953298
Autoría Romero, Bieito

Detalles

Listaxe dos temas musicais do CD incluído no libro

1. O son do ar. 7 min 06 s. (Bieito Romero)
2. Canto de andar. 4 min 47 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
3. Britonia. 4 min 52 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
4. Mar de peixe. 4 min 59 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
5. Devanceiros. 4 min 47 s (Bieito Romero)
6. Leabhar Ghabála. 7 min 00 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
7. Canto de arada. 3 min 00 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
8. Corme. 3 min 20 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
9. Ribadavia. 4 min 53 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
10. Saudade. 3 min 03 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
11. A batalla. 3 min 20 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)
12. Se queres. 3 min 35 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
13. Camariñas. 4 min 35 s (Tradicional/Arranxos de Luar na Lubre)
14. O son das augas. 6 min 30 s (Bieito Romero/Luar na Lubre)

© Bieito Romero, 2019.

© Luar na Lubre, 2019.

© Warner Chapell Music, 2019.

Medios de comunicación

Magnífica entrevista de Pilar García Rego a Bieito Romero no ZigZag Diario.

Entrevista a Bieito Romero no xornal La Opinión.

Bieito Romero fala no Diario Cultural da súa obra.

El Ideal Gallego entrevista a Bieito Romero.

Entrevista de Lara Vivero en Onda Cero a Bieito Romero.

Artigo de Xosé Ameixeiras sobre Simboloxía máxica en Galicia no xornal La Voz de Galicia

A Libraría Couceiro recomenda o libro Simboloxía máxica en Galicia.

Entrevista de Susana Regueira a Bieito Romero no xornal Faro de Vigo.