Texto
-
Educación Plástica e Visual 1.º ESO
29,00€Este libro mostra diversos tipos de experiencias artísticas, técnicas ou manipulativas relacionadas coa imaxe. Están integradas nun conxunto deseñado de tal xeito que abrangue a totalidade dos obxectivos correspondentes ao primeiro ciclo de ESO.
Máis información -
Xeoloxía 2.º Bach.
22,82€O texto organízase en 4 unidades didácticas. Cada unidade consta de tres temas que se inician cunha breve introdución, seguida dos contidos específicos e finalizan con cuestións e exercicios. Ao final de cada unidade proponse a lectura e comentario de textos relacionados coa Historia da Xeoloxía e outras actividades de aplicación.
Máis información -
Historia de España 2º Bach.
37,45€Tendo en conta que o obxectivo básico desta materia é achegar ao alumnado ao estudo dos feitos e procesos históricos que configuran o Estado español, os autores defenden un modelo explicativo de carácter global e dialéctico, baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por uns trazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicos específicos.
Máis información -
Historia do mundo contemporáneo 1º Bach.
37,45€O noso proxecto, elaborado por Xosé Alfeirán e Ana Romero Masiá, segue gozando de total validez e interese para o traballo nas aulas, coas necesarias adaptacións históricas e modificacións na programación.
Máis información -
Xeografía e Historia 1.º ESO LOMCE
32,24€Entendemos que o proxecto de Sociais 1º existente segue vixente, malia sobrarlle a unidade final, da que se pode prescindir. Debe ser traballado, como calquera dos textos novos que se presenten, coas modificacións metodolóxicas que atendan á avaliación segundo estándares de aprendizaxe, o que non suporá dificultade a maiores, pois o especificaremos mediante a programación na web na que se informará tamén dos obxectivos por competencias.
Máis información -
Historia da Arte 2º Bach.
37,45€Este libro está supeditado ao nivel do alumnado ao que vai dirixido co obxectivo de conseguirmos unha formación de quen o utilice. Valoramos de importancia transcendental que este novo proxecto obedece ás normas de modificación do currículo estabelecido pola Comunidade Autónoma.
Máis información -
Xeografía e Historia 3.º ESO LOMCE
32,24€O proxecto de Xeografía e Historia de 3º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo, modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado.
Máis información -
Xeografía e Historia 2.º ESO LOMCE
32,24€O proxecto de Xeografía e Historia de 2º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo, modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado.
Máis información -
Xeografía e Historia 4.º ESO LOMCE
32,24€O libro de Xeografía e Historia de 4º ESO organízase unicamente en 9 unidades nas que, sen deixarmos de atender a aprendizaxe por competencias, cobra maior peso a carga conceptual, ao tratarse dun curso a medio camiñño entre ESO e Bacharelato e que prepara para as probas de obtención do título correspondente.
Máis información -
Valores éticos 3º ESO
15,50€Proxecto orientado de forma clara á consecucion das competencias clave xerais da ESO, ademais das propias da materia. Destacamos o enfoque, centrado en dotar ao alumnado dos instrumentos de racionalidade e obxectividade precisos para que o seus xuízos valorativos teñan o rigor e coherencia que lles permitan facer eleccións dignas de guiar a súa conduta, vida persoal e relacións sociais.
Máis información