Filosofía 1.º Bach.
Filosofía 1.º Bach.

Filosofía 1.º Bach.

Martínez Quintanar, Miguel Ángel
978-84-9995-398-4
40,00 €
IVA incluido

Este manual está artellado arredor dos tres saberes básicos que establece a lei:

A filosofía e o ser humano:
1. A reflexión filosófica arredor da propia filosofía.
2. O ser humano como suxeito e obxecto da experiencia filosófica.

Coñecemento e realidade:
3. O problema filosófico do coñecemento e a verdade.
4. A cuestión da natureza última da realidade.

Acción e creación:
5. A acción humana: filosofía ética e política.
6. A reflexión filosófica arredor da creación artística.

Ano: 2022
Nº de páxinas: 324
ISBN: 978-84-9995-398-4

 

Concretámolos en 8 temas por razóns didácticas e en relación coas competencias específicas que guían os criterios de avaliación.

Cada tema consta de:
1. Portada ou páxina inicial de achegamento cunha obra de arte e un texto filosófico acompañado dunhas cuestións para pensar e traballar.
2. Saberes básicos ou desenvolvemento da temática por apartados, coa información imprescindible para adquirilos, organizada en varias partes correspondentes a cada saber básico. Ademais, nas marxes de todos os apartados hai textos filosóficos breves que ilustran os saberes básicos e poden ser comentados na aula ou fóra dela. Esta información complétase coa bibliografía proposta e as lecturas dos textos da Aula Virtual de Baía Edicións, que ao longo do libro veñen sinaladas co indicador Lectura [n.º]. Esta parte non pretende ser un fin en si mesmo, senón un apoio lector ao alumnado que lle permita construír a súa concepción non dogmática dos problemas e desenvolver o propio xuízo e autonomía moral.
3. A filosofía nos textos, fragmentos de textos filosóficos relevantes para ler e traballar que presentan o pensamento filosófico de autoría diversa, pero especialmente dando visibilidade ao pensamento das filósofas e puntos de vista non dominantes.
4. Actividades e Aplicacións diversas presentadas arredor de 5 modelos:

•    Ideas e conceptos.
•    Problemas.
•    Filosofemas que dan para pensar.
•    Texto.
•    Láminas ou cadros para comentar.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.