Grego 1-2 Bach.
Grego 1-2 Bach.

Grego 1-2 Bach.

Bértolo Ballesteros, José Manuel e De Cal Cortina, Matilde
978-84-9995-403-5
40,00 €
IVA incluido

Con este texto, adaptado á LOMLOE, pretendemos facilitar a profesores, profesoras e alumnado, unha ferramenta de traballo en galego da materia de Grego para o Bacharelato. Cremos que pode ser de grande utilidade non só para a aprendizaxe da lingua e cultura gregas, senón tamén para dar constancia da grande influencia que tivo –e está a ter aínda hoxe- na nosa cultura. É por iso que incorporamos obras galegas relacionadas co tema central de cada unidade.

O libro está estruturado en doce unidades didácticas, e a experiencia permítenos dicir, a modo de orientación, que é suficiente ver as sete primeiras no primeiro curso. Ao final o libro leva unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

Ademais temos como complemento a este libro para preparar as probas de ABAU a Antoloxía de textos de Xenofonte, editada tamén por Baía Edicións.

Ano: 2017
Nº de páxinas: 384
ISBN: 978-84-9995-403-5

 

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Con este texto, adaptado á LOMLOE, pretendemos facilitar a profesores, profesoras e alumnado, unha ferramenta de traballo en galego da materia de Grego para o Bacharelato. Cremos que pode ser de grande utilidade non só para a aprendizaxe da lingua e cultura gregas, senón tamén para dar constancia da grande influencia que tivo –e está a ter aínda hoxe- na nosa cultura. É por iso que incorporamos obras galegas relacionadas co tema central de cada unidade.

O libro está estruturado en doce unidades didácticas, e a experiencia permítenos dicir, a modo de orientación, que é suficiente ver as sete primeiras no primeiro curso. Ao final o libro leva unha Antoloxía de textos, Paradigmas e un Vocabulario.

Ademais temos como complemento a este libro para preparar as probas de ABAU a Antoloxía de textos de Xenofonte, editada tamén por Baía Edicións.

Cada unidade consta de tres partes interaccionadas entre si: dúas referidas principalmente a aspectos culturais e unha máis centrada na lingua. Todas inclúen actividades. Nunha Primeira Parte, que dá título á unidade, ofrécese información sobre o mundo cotián e mitolóxico a través de textos traducidos e imaxes artísticas gregas; a continuación, e baixo o nome de Persistencia do mito, preséntanse textos e obras de arte que amasan a súa influencia na cultura galega e foránea. Incorpóranse tamén actividades e suxestións de ampliación.

A Segunda Parte é a especificamente gramatical. Ten explicacións breves e abundantes exercicios. Tradúcense primeiro frases e, progresivamente, textos orixinais. Inserimos unhas listas de vocabulario de “máxima frecuencia” —feito a partir dos autores máis representativos— pois consideramos que a súa aprendizaxe facilita o achegamento aos textos. Cada lista vai acompañada de diversas actividades (antónimos, derivación, helenismos, familias léxicas...) para unha máis doada e rápida adquisición de coñecementos léxicos. No segundo curso de Bacharelato é necesario que o alumnado ademais de familiarice co uso do dicionario.

Nesta parte hai tamén un apartado denominado E se queres avanzar máis..., no que se oferta material de ampliación que permite adecuarse aos distintos niveis de coñecemento adquiridos polo alumnado.

A Terceira é a parte histórica e cultural, presentada por medio dunha viaxe, co apoio de imaxes e textos. Inclúe actividades e suxestións de ampliación, así como referencias de libros e películas.

Ao inicio e ao final de cada unidade, introducidas polo logotipo da bandeira de Grecia, expóñense unhas frases en grego moderno coa súa pronunciación e tradución.

Todas as unidades levan exercicios de recapitulación. A 4, 8 e 12 inclúen, ademais, unha autoavaliación. Pode recorrerse a esta parte para insistir nalgún punto da materia ou mesmo para probas de avaliación ou exames.

Na Aula Virtual da editorial hai exercicios complementarios para fixar ou ampliar contidos tanto gramaticais como culturais.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.