Xeografía e Historia

  1. Historia de España 2º Bach.

    37,45€

    Tendo en conta que o obxectivo básico desta materia é achegar ao alumnado ao estudo dos feitos e procesos históricos que configuran o Estado español, os autores defenden un modelo explicativo de carácter global e dialéctico, baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por uns trazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicos específicos.

    Máis información
  2. Historia do mundo contemporáneo 1º Bach.

    37,45€

    O noso proxecto, elaborado por Xosé Alfeirán e Ana Romero Masiá, segue gozando de total validez e interese para o traballo nas aulas, coas necesarias adaptacións históricas e modificacións na programación.

    Máis información
  3. Xeografía e Historia 1.º ESO LOMCE

    32,24€

    Entendemos que o proxecto de Sociais 1º existente segue vixente, malia sobrarlle a unidade final, da que se pode prescindir. Debe ser traballado, como calquera dos textos novos que se presenten, coas modificacións metodolóxicas que atendan á avaliación segundo estándares de aprendizaxe, o que non suporá dificultade a maiores, pois o especificaremos mediante a programación na web na que se informará tamén dos obxectivos por competencias.

    Máis información
  4. Historia da Arte 2º Bach.

    37,45€

    Este libro está supeditado ao nivel do alumnado ao que vai dirixido co obxectivo de conseguirmos unha formación de quen o utilice. Valoramos de importancia transcendental que este novo proxecto obedece ás normas de modificación do currículo estabelecido pola Comunidade Autónoma.

    Máis información
  5. Xeografía e Historia 3.º ESO LOMCE

    32,24€

    O proxecto de Xeografía e Historia de 3º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo,  modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado.

    Máis información
  6. Xeografía e Historia 2.º ESO LOMCE

    32,24€

    O proxecto de Xeografía e Historia de 2º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo,  modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado.

    Máis información
  7. Xeografía e Historia 4.º ESO LOMCE

    32,24€

    O libro de Xeografía e Historia de 4º ESO organízase unicamente en 9 unidades nas que, sen deixarmos de atender a aprendizaxe por competencias, cobra maior peso a carga conceptual, ao tratarse dun curso a medio camiñño entre ESO e Bacharelato e que prepara para as probas de obtención do título correspondente.

    Máis información
  8. A historia da arte a través das súas obras

    30,00€

    O comentario dunha obra de arte require dunha técnica específica que se aprende coa práctica. Non abonda con expoñermos ordenadamente os coñecementos teóricos nin con identificar a imaxe comentada. Hai que confirmar e argumentar as razóns que explican a identificación, por medio da análise das formas. Este análise desvela o estilo da obra, que á súa vez corresponde a unha cultura, a un movemento artístico e a unha época histórica.

    Para poder realizar esta análise, temos que debullar as partes que son características do estilo, cinguíndonos esencialmente ao que vemos. Unha descrición polo miúdo levará á clasificación da imaxe, en canto percibamos notas definitorias.

    Por outra parte, debemos comentar os aspectos máis relevantes da época á que pertence a imaxe, ubicándoa no momento histórico correcto, relacionándoa cos diversos aspectos desa cultura e, por último, valorala subxectivamente.

    Neste comentario persoal debemos partir da base d que a obra de arte non ten, en canto á beleza e expresión, un carácter unívoco.

    Máis información