Máis vistas

A historia da arte a través das súas obras

REF.:9788499953618
30,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O comentario dunha obra de arte require dunha técnica específica que se aprende coa práctica. Non abonda con expoñermos ordenadamente os coñecementos teóricos nin con identificar a imaxe comentada. Hai que confirmar e argumentar as razóns que explican a identificación, por medio da análise das formas. Este análise desvela o estilo da obra, que á súa vez corresponde a unha cultura, a un movemento artístico e a unha época histórica.


Para poder realizar esta análise, temos que debullar as partes que son características do estilo, cinguíndonos esencialmente ao que vemos. Unha descrición polo miúdo levará á clasificación da imaxe, en canto percibamos notas definitorias.


Por outra parte, debemos comentar os aspectos máis relevantes da época á que pertence a imaxe, ubicándoa no momento histórico correcto, relacionándoa cos diversos aspectos desa cultura e, por último, valorala subxectivamente.


Neste comentario persoal debemos partir da base d que a obra de arte non ten, en canto á beleza e expresión, un carácter unívoco.

Información adicional

Ano 2021
Nº de páxinas 312
ISBN 9788499953618
Autoría Vicente Caneda, Xosé Emilio

Details

O comentario dunha obra de arte require dunha técnica específica que se aprende coa práctica. Non abonda con expoñermos ordenadamente os coñecementos teóricos nin con identificar a imaxe comentada. Hai que confirmar e argumentar as razóns que explican a identificación, por medio da análise das formas. Este análise desvela o estilo da obra, que á súa vez corresponde a unha cultura, a un movemento artístico e a unha época histórica.

Para poder realizar esta análise, temos que debullar as partes que son características do estilo, cinguíndonos esencialmente ao que vemos. Unha descrición polo miúdo levará á clasificación da imaxe, en canto percibamos notas definitorias.

Por outra parte, debemos comentar os aspectos máis relevantes da época á que pertence a imaxe, ubicándoa no momento histórico correcto, relacionándoa cos diversos aspectos desa cultura e, por último, valorala subxectivamente.

Neste comentario persoal debemos partir da base d que a obra de arte non ten, en canto á beleza e expresión, un carácter unívoco.

Obxectivos

Propoñemos unha obra didáctica orientada á preparación da Historia de Arte no 2º de Bacharelato, cun programa moi extenso que percorre o feito artístico desde o nacemento do clasicismo até as expresións contemporáneas que será de grande axuda para que o alumnado poida adquirir, grazas ás orientacións prácticas desta obra, a capacidade de comentar obras de arte.

Xustificación e destinatarias

O alumnado ten que adquirir nesta materia a capacidade de comentar máis de 100 obras e 91 termos dun vocabulario de conceptos artísticos, que son preparados habitualmente en cada centro polo profesorado correspondente. Existen numerosas propostas de libros de texto para a materia, mais non un manual dedicado á vertente práctica, e moito menos aínda adaptado ao contexto galego e relacionado co currículo actual.