Información adicional
Ano | 2001 |
---|---|
Nº de páxinas | 358 |
ISBN | 978-84-89803-69-5 |
Autoría | Mayor Rodríguez, Juan Antonio; Rodríguez López, Mª Dolores e Santolino Martín, Juan Manuel |
Ilustración | Estévez, Perfecto A. |
Detalles
O texto organízase en 4 unidades didácticas:
* I. Materiais terrestres
* II. Dinámica terrestre
* III. Historia da Terra
* IV. Xeoloxía aplicada
Cada unidade consta de tres temas que se inician cunha breve introdución, seguida dos contidos específicos e finalizan con cuestións e exercicios. Ao final de cada unidade proponse a lectura e comentario de textos relacionados coa Historia da Xeoloxía e outras actividades de aplicación.
Os contidos teñen un enfoque eminentemente práctico, dado o carácter de Ciencia aplicada da Xeoloxía.
O libro que se presenta está baseado en fontes bibliográficas actualizadas e é o resultado dunha laboriosa e selectiva recompilación cun enfoque axeitado a aqueles aos que vai dirixido. Os contidos explícanse partindo da idea intuitiva que ten o alumnado e chegando até a formulación rigorosa de todos os conceptos que se dan a coñecer.