Información adicional
Ano | 2007 |
---|---|
Nº de páxinas | 62 |
ISBN | 978-84-96893-27-6 |
Autoría | Casalderrey, Fina |
Ilustración | Gubianas, Valentí |
Details
A colección presenta relatos con protagonismo de nenas e nenos de 6 a 8 anos que nos mostran as súas vivencias máis próximas e nos sitúan ante temas como a alimentación, a independencia, o ocio, os ataques a natureza etc.
Ao avó Paco chéiralle a fume. "Uf, apesta!, exclama. Un grande incendio quéimao todo: as casas, as árbores, os animais... "Os homes non puideron facer iso, verdade?", pregunta o bisneto. O señor Paco garda silencio.
Fina Casalderrey e Valentí Gubianas elaboraron unha historia conmovedora que nos anima a respectar a natureza.