Información adicional
Ano | 2013 |
---|---|
Nº de páxinas | 84 |
ISBN | 978-84-9995-076-1 |
Autoría | Dans Mayor, Raúl |
Ilustración | Fernández Serrano, Jacobo |
Details
A partir de 8 anos
Obra gañadora do X Premio Barriga Verde (modalidade infantil), editada m coedición coa AGADIC.
Henriquere ser piloto de aviación, mais ten un pequeno problema: é miope.
Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe. E para iso vaise ter que enfrontar á malvada avespa Roque.
Unha libélula cantante de jazz, unha araña pianista, un moscón excampión dos pesos pesados… E moitos personaxes máis nunha historia para que os cativos leven os seus pais ao teatro e xuntos gocen cun relato de iniciación aos desafíos que a vida nos reserva a todos nós. Mesmo se es un mosquito.