Historia do mundo contemporáneo 1º Bach.
Historia do mundo contemporáneo 1º Bach.

Historia do mundo contemporáneo 1º Bach.

Alfeirán Rodríguez, Xosé e Romero Masiá, Ana
978-84-9995-401-1
48,00 €
IVA incluido

Baía Edicións presenta unha proposta para traballar a materia de Historia do mundo contemporáneo acorde coas indicacións LOMLOE, que se concreta en:

Un caderno-libro de Proxectos significativos para a construción da Historia do Mundo Contemporáneo de longa duración, que irá acompañado de xeito indivisible doutro, Historia do Mundo Contemporáneo, de presentación da información seguindo o modelo clásico co que toda a comunidade educativa está familiarizada, que lle facilitará ao alumnado extraer datos que documenten a proposta do Proxecto.

Esta nova proposta fundaméntase, nas súas liñas básica, na metodoloxía da aprendizaxe por proxectos, enfocándose nos conceptos centrais e principios fundamentais das disciplinas histórica, tentando aproximarse o máis posible á realidade histórica na que se move o alumnado e destacnado a importancia do seu traballo.

Consta de 9 temas, recollendo en cada un deles unha das competencias específicas do currículo da HMC, consideradas así mesmo como vectores organizadores.

Ano: 2022
Nº de páxinas: 448
ISBN: 9788499954011

 

PROXECTO PARA DESENVOLVER OS OBXECTIVOS /COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO CURRÍCULO DA MATERIA DE HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO (Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro)

O material desta proposta acompaña o libro de texto Historia do Mundo Contemporáneo e pode ser utilizado nas aulas ben como substitutivo do libro, ben como complemento combinando o traballo máis tradicional dalgúns temas con outros da presente proposta alternativa.

Esta proposta pretende:

  • Potenciar a adquisición das competencias clave e específicas no alumnado, é dicir, non soamente aprender os coñecementos e saberes básicos establecidos no currículo senón aprender a utilizalos, mediante a busca, recompilación, análise e presentación da información histórica potenciando unha aprendizaxe significativa.
  • Fomentar as técnicas propias do traballo das historiadoras e dos historiadores: fontes históricas, historiografía e narrativas do pasado, interpretación da información, argumentación histórica, relevancia, causas e consecuencias, cambio e continuidade, perspectiva histórica nas narrativas sobre o pasado.
  • Favorecer o traballo autónomo, individual e colaborativo entre o alumnado na resolución das actividades de aprendizaxe propostas e nas cuestións reto-desafío.

A proposta organízase a través de 9 bloques temáticos nos que se abordan os obxectivos (competencias específicas), os contidos do currículo da materia, os descritores operativos (competencias clave) e os criterios de avaliación, todo isto presentado cun tratamento informativo cronolóxico-temático na longa duración. A metodoloxía empregada baséase no método de proxectos, centrándose nos conceptos centrais e principios fundamentais das disciplinas históricas, tentando aproximarse o máis posible á realidade histórica na que se desenvolve o alumnado e destacando a importancia do seu traballo.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

Tamén che podería gustar

6 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.