Xeografía e Historia 3.º ESO
Xeografía e Historia 3.º ESO

Xeografía e Historia 3.º ESO

Brea Pedreira, Ana e Romero Masiá, Ana
978-84-9995-170-6
39,72 €
IVA incluido

O proxecto de Xeografía e Historia de 3º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo,  modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado.

Ano: 2015
Nº de páxinas: 296
ISBN: 978-84-9995-170-6

 

O proxecto de Xeografía e Historia de 3º ESO está totalmente renovado para adaptarse ao novo currículo,  modificacións que afectan tamén aos recursos complementarios e non só no propio libro en papel do alumnado. Estas modificacións concrétanse en:

  • Cambio no número de unidades; pasamos de 9 a 12, por coherencia de Ciclo e de contido da materia.
  • Unidades novas adaptadas ao currículo, pero presentadas seguindo a proposta didáctica da autoría e non como compartimentos estancos.
  • Cambio nos proxectos web, máis centrados no uso para pizarra dixital.
  • Modifícanse as programacións, en consonancia cos cambios.
  • Modifícanse os materiais complementarios, de reforzo e ampliación.
  • Libro do alumnado para pizarra dixital.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

ÍNDICE


Tema 1. A época do Renacemento

1. Humanismo e Renacemento.

2. O reinado dos Reis Católicos.

3. A ampliación do mundo coñecido.

4. Reforma protestante e Contrarreforma católica.

5. Supremacía hispánica.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos … os aztecas.

     Traballamos con ... fontes de información histórica.

     Lembra e aplica.

 

Tema 2. A arte renacentista

1. A estética renacentista.

2.  A recuperación das formas clásicas na arquitectura.

3. Equilibrio e serenidade na escultura.

4. Naturalismo e perspectiva na pintura.

5. A arte renacentista en España.

Reforza as competencias básicas:

    Analizamos … Miguel Anxo, un artista renacentista.

    Traballamos con ... fichas de análise de esculturas e pinturas.

    Lembra e aplica.

 

Tema 3. A Europa do Barroco

1. A Monarquía hispánica no século XVII.

2. Decadencia hispana e hexemonía francesa.

3. A monarquía absoluta na Francia de Luís XIV.

4. O parlamentarismo inglés.

5. A revolución científica.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos …A Guerra dos Trinta Anos.

     Traballamos … mapas coonceptuais.

     Lembra e aplica.

 

Tema 4. A arte barroca

1. A estética barroca.

2. Innovación na arquitectura.

3. Movemento e dramatismo na escultura.

4. Claroscuro na pintura.

5. A arte barroca en España.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos … Velázquez, un xenio universal da pintura.

     Traballamos con ... fichas de observación de edificios.

      Lembra e aplica.

 

Tema 5. Galicia nos séculos XVI e XVII 

1. A actuación dos Reis Católicos en Galicia.

2. Galicia no século XVI.

3. A arte renacentista en Galicia.

4. A Galicia dos fidalgos e foreiros.

5. O barroco galego.

Reforza as competencias básicas:

    Analizamos … os pazos galegos.

    Traballamos con ... eixes cronolóxicos.

     Lembra e aplica.

 

Tema 6. A organización políticas das sociedades

1. Os réximes democráticos.

2. Os réximes non democráticos.

3. Monarquías e repúblicas.

4. A organización territorial dos estados.

5. O estado español.

6. A Unión Europea.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos... A organización territorial e política de Galicia

     Traballamos con … mapas políticos.

     Lembra e aplica.

 

Tema 7. Traballo, desemprego e ocio

1.  A distribución do tempo.

2.  A poboación traballadora.

3.  Traballo e paro.

4.  Os dereitos laborais.

5.  Sindicatos e organizacións empresariais.

6.  Descanso e ocio.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos... A poboación galega traballadora.

     Traballamos con... documentos escritos.

     Lembra e aplica.

 

Tema 8. Produción en serie, consumo de masas

1. Do taller á multinacional.

2. Elementos da produción industrial.

3. Do fordismo ao Just in Time.

4. A produción de alimentos.

5. O crecemento dos servizos.

Refoza as competencias básicas:

     Analizamos... Inditex, unha multinacional galega

     Traballamos con... gráficos

     Lembra e aplica

 

Tema 9. A diversidade da economía española

1. A evolución da economía española.

2.  As actividades do sector primario.

3.  A industria e a súa reestruturación.

4. Os servizos.

5. Os desequilibrios territoriais.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos … e comparamos a economía española e galega.

     Traballamos con … mapas de coropletas.

     Lembra e aplica.

 

Tema 10. Galicia, rexión periférica.

1. O nivel de desenvolvemento económico.

2. As transformacións do rural.

3. A explotación dos recursos do mar.

4. As actividades industriais.

5. Os servizos.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos... A Galicia do mar.

     Traballamos con... filmes.

     Lembra e aplica.

 

Tema 11. Capitalismo e globalización

1. O capitalismo, un sistema mundial.

2. A globalización da economía.

3. A mundialización dos hábitos de vida.

4. Os indicadores do desenvolvemento.

5. Un mundo desigual. As grandes rexións económicas.

6. Tensións e conflitos no mundo actual.

7. Outra globalización é posible? O desenvolvemento sustentable.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos .... Galicia e a globalización.

     Traballamos con ... mapas anamórficos.

     Lembra e aplica.

 

Tema 12. Actividades humanas e impacto ambiental

1. O impacto na ocupación do territorio.

2. Os recursos son limitados.

3. O avance da contaminación.

4. A conciencia ecoloxista.

5. Medidas de protección do medio ambiente.

Reforza as competencias básicas:

     Analizamos... O Parque Nacional das Illas Atlánticas.

     Traballamos con... fotografías.

     Lembra e aplica.

6 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.