Entradas

Cine e música ofrecen novas propostas no CGAC

O Centro Galego de Arte Contemproánea é nova estes días por actividades que non teñen que ver exclusivamente coa arte contemporánea. Dunha banda, porque acaba de ser a sede dun ciclo de cinema que exhibiu as relacións entre teatro e cinema por medio de cinco propostas de diversa natureza do audiovisual catalán. Da outra, porque acaba de presentar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea que terán lugar do 27 de setembro ao 31 de outubro de 2013 en diferentes espazos da cidade.

Vertixe Sonora Ensemble, Música Práctica, Taller Atlántico Contemporáneo, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, xunto con outros músicos especialmente sensibles á difusión da música actual en Galicia como Florian Vlashi, Berta Fresco, Marcos Escobar, Jesús González, Mario Diz ou Anne Tooming, completan un calendario de concertos que dedica unha atención especial ao compoñente didáctico. O proxecto é froito dunha colaboración interistitucional entre Cultura, Concello de Santiago, Centro Nacional de Difusión Musical, CNDM, Universidade de Santiago, Consorcio para Promoción da Música da Coruña, a Fundación Cidade da Cultura e o Consorcio de Santiago.

Fonte: Culturagalega

A Consellaría de Cultura e Educación cesa ao xerente do CGAC

Estivo con Gloria Moure, Miguel Fernández-Cid, Manuel Olveira e agora con Miguel von Hafe. Manuel Arroyo, o xerente do Centro Galego de Arte Contemporánea, era o traballador máis antigo de cantos ten a entidade e traballou con todos os responsables deste centro case desde a súa creación. A consellaría de Cultura e Educación acaba de comunicarlle o seu cese que aínda non é efectivo. Fontes deste departamento apunta a un “proceso de renovación” no CGAC e que “se designará en breve a unha nova persoa para o posto”.

Fonte: Culturagalega