Artigos Baía Edicións

Presentación de ‘Cantar de corpos’ na Libraría Chan da Pólvora

Hoxe, xoves 18 de outubro ás 20:30, terá lugar a presentación do libro Cantar de corpos na Libraría Chan da Pólvora (Santiago de Compostela). Belén López (Directora de Baía Edicións) presentará o acto, no que contaremos coa participación do autor, Xabier Correa Corredoira e Pocho Taxes (guitarra acústica).   Contido do libro: Coa alusión bíblica […]

Celebramos hoxe os 100 anos do nacemento de Althusser

Hoxe, 16 de outubro de 2018, celébranse os 100 anos do nacemento de Louis Althusser. Na obra de Francisco Sampedro, LOUIS ALTHUSSER, da colección de Pensamento faise unha análise exhaustiva da súa vida e obra. Louis Althusser nace o 16 de outubro de 1918 en Birmandreis, barrio de Alxer, no seo dunha familia alsaciana deportada […]

Baía Edicións fará entrega do I Premio Fina Casalderrey o próximo 19 de outubro

Baía Edicións fará entrega do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade ás autoras gañadoras, Antía Yáñez por A reconquista e Sabela Losada Cortizas, por Vermella!. O acto será presentado por Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña e contaremos coa participación das autoras dos libros premiados, do xurado […]

I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento”

Desde Gálix informan da convocatoria dun novo premio de LIX : “I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento“, convocado pola Asociación Sociocultural Muíño do Vento. Os textos da presente convocatoria irán destinados ao público infantil de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos e nela poderán participar todas as persoas […]

Baía Edicións viaxa a Liber

A Feira Internacional do Libro, que nesta edición se celebra en Barcelona, terá lugar entre os días 3 e 5 de outubro. LIBER é unha feira con carácter profesional que promove a Federación de Gremios de Editores de España e que se organiza alternando  a sede anualmente, nunha convocatoria en Madrid e noutra en Barcelona. […]

Premios da Cultura Galega 2018

Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, […]

Ánxela Gracián e Pere Tobaruela gañan o 8.º Premio Meiga Moira 2018

O Xurado, formado por Héctor Cajaraville (gañador do 7.º Premio (2016) coa obra Denébola a Roxa), Andrea Maceiras (gañadora dos 4.º Premio (2010) e 6.º Premio (2014) con Violeta tamurana e Miña querida Sherezade, respectivamente), María Dores Fernández López,  profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, e María do Pilar Campo […]

‘Catro pedras vellas’ finalista da XV edición do Premio literario FREI MARTÍN SARMIENTO

Segundo informa a súa páxina web, inician o novo curso 2018-2019 coa posta en marcha da convocatoria do Premio Frei Martín Sarmiento. Catro Pedras vellas é unha das obras finalistas da décimo quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento. En maio, coñeceremos ás gañadoras/es. Parabéns Pere Tobaruela!! Educación Infantil GONZÁLEZ, OLALLA; Un máis; Ed. Kalandraka. […]

Aí estabas ti, mais eu non o sabía

Iniciaba eu a adolescencia, descoñecía, nuns casos ou non existían no vocabulario ao uso da época noutros, o significado de conceptos como nación sen estado, colonizada, feminista, diglosia, androcentrismo, conciliación, violencia de xénero, empoderamento e outros moitos pero xa me emocionaban as músicas de Fuxan os ventos e deixaban unha forte pegada en min algunhas […]

Presentación de ‘Cantar de corpos’ na Libraría Biblos de Betanzos

O xoves 9 de agosto ás 20:00 tivo lugar a presentación do libro Cantar de corpos na Libraría Biblos de Betanzos. Carmela González Boo presentará o acto, no que contaremos coa participación do autor, Xabier Correa Corredoira e Belén López Vázquez (Directora de Baía Edicións), ademais de Pocho Taxes (guitarra).   Contido do libro: Coa […]