Grupos folclóricos da Coruña homenaxean a Choncha Martínez

O Concello da Coruña organiza, o vindeiro domingo 18 o primeiro Memorial Choncha Martínez. O evento centrado na danza tradicional, que comeza a partir das sete da tarde, contará coa participación da Asociación provincial de coros e danzas Eidos, o grupo Iar, Xacarandaina, a agrupación folclórica Aturuxo e mais o coro Cántigas da terra. Choncha Martínez foi unha das creadoras do Grupo de Coros e Danzas da Sección Femenina de Falanxe na Coruña, e desenvolveu un intenso labor de documentación e recuperación sobre o baile tradicional. Faleceu hai agora un ano na Coruña, aos noventa anos de idade.