O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Vitoria Moreno Márquez

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Vitoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005), segundo fixo publico este sábado a Real Academia Galega. Moreno convértese así na cuarta muller que protagonizará a gran festa cultural de Galicia entre os 54 seleccionados ata a data, despois de que colectivos feministas realizasen unha campaña contra o machismo da institución que elixe aos homenajeados o 17 de maio.

A decisión adoptouse no pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honor a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova, informa Europa Press.

Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Vitoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora, e enseguida asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as letras da comunidade tanto en narrativa como en estudos literarios, en ensaio, en poesía e en didáctica da lingua e da literatura galegas.

Fonte: El País.

Foto: RAG