O portal Abert@s achega información sobre o ámbito cultural galego

A Xunta presentaba esta mañá o portal Abert@s, que publicará información de interese público da Administración en formatos abertos e estándar para o seu emprego pola sociedade. Entre os 250 documentos cos que inicia a súa actividade, o web conta cun feixe de contidos vencellados ao ámbito cultural. Deste xeito, desde a base de datos sobre toponimia, ata estudos sobre usos e coñecemento do galego, así como a xeolocalización de arquivos, bibliotecas e museos están dispoñibles na rede. Aínda que na maior parte dos casos estes datos xa eran de dominio público, a súa agrupación nun só web e a estandarización na súa presentación facilitarán a consulta.

 

 

Canda á información de ámbito cultural, o web achega tamén abondosos datos encol sectores como o turístico, educativo ou o ambiental con cartografía ou fluxos de novas sobre cada cuestión.

 

Fonte: Culturagalega