A literatura xuvenil en galego rozou os 500 títulos no ano 2010

A Fundación SM acaba de publicar o seu Anuario Iberoamericano sobre o Libro Infantil e Xuvenil 2012, que inclúe un capítulo dedicado ao sector en Galicia, asinado por Isabel Soto e Xavier Senín. Nel destácase que, segundo datos do Comercio Interior do Libro de Galicia do 2010, os libros para nenos e mozos en galego achegaron 491 títulos, un incremento lixeiro con respecto ao 2010. No apartado negativo, tamén se informa da repercusión dos recortes institucionais no sector do libro, que ocasionou a cancelación de certames como o Xuventude Crea, o peche de medios de comunicación e «a evidente diminución da presenza da lingua galega no ensino». No apartado positivo, os autores sinalan a vitalidade de asociacións e de bibliotecas, e o incremento de recursos en Internet.