As viaxes fantásticas de Jules Verne xa en Baía!

Máis que contentos en Baía Edicións!

Acabamos de recibir un novo título para o noso público Xuvenil: AS VIAXES FANTÁSTICAS DE JULES VERNE. Este libro conta con cinco historias rocambolescas, coas que descubriredes o universo incrible do mestre incontestable da aventura. Dirixirse á Lúa nun foguete, descender ao máis profundo da Terra, capitanear dun modo arrebatado o Nautilus ou carreiras a fume de carozo en plena sabana…

Con elas Jules Verne dá mostra do seu imaxinario grandioso e vangardista posto ao servizo do lector. Abride este libro e partide de viaxe cos seus heroes!

  • 5 semanas en globo.
  • A volta ao mundo en 80 días.
  • Viaxe á Lúa.
  • Viaxe ao centro da Terra.
  • 20.000 leguas baixo dos mares.

 

Adaptada por Claude Carré. Ilustrada por Éric Puybaret. Traducida por Ánxela Gracián.

VENDA DO LIBRO