Entradas

Entrega do V Premio Meiga Moira a Ana María Galego Gen, por BANDEIRAS NEGRAS

Baía Edicións entrega o V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil 2012. O acto tivo lugar, na Libraría Lume da Coruña (Federico Macías, 3) o mércores día 3 de abril de 2013, ás 12:30 horas,  da obra da autoría da escritora Ana María Galego Gen, titulada Bandeiras negras, e ilustrada por Cristal Reza. No acto, ademais da autora, participou a directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que se encargaron de facer un achegamento crítico a esta obra.

[nggallery id=30]

Xurado e criterios selectivos:

O Xurado, formado polas escritoras Marica Campo e Andrea Maceiras, gañadora do 4.º Premio coa obra Violeta tamurana, María Dores Fernández López, profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na Coruña, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o día 21 de setembro de 2012 resolveu conceder por unanimidade o 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Mago Chalupa”, na que destacou, entre outros aspectos,  que:

1)      Supón a recuperación para a literatura galega do xénero clásico de aventuras e máis en concreto o da narración de piratas.

2)      Incorpora unha perspectiva nova na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller transvertida de home.

3)      Dálle nova vitalidade ás personaxes d’A Illa do Tesouro, completando os contornos e a personalidade da figura do John Silver.

4)      Emprega unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.

5)      Se serve dos mellores recursos da técnica narrativa da page-turner, ao facilitar unha lectura continuada e implicar os lectores e as lectoras no narrado.

Sinopse da obra:

N’A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.

Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa muller, onde coñeceu a Silver e como chegou a casar con el?

Páxina a páxina, coñeceremos as aventuras da pequena escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris e que navegará baixo as bandeiras dos piratas de máis sona: Bonnet, England… e Flint, o temible capitán do Walrus. Providence sabe cal é a vida á que está abocada dende o seu nacemento e será quen de rebelarse contra o seu destino. Non hai moitas oportunidades para as mulleres, e menos para as mulleres negras, no século XVIII. Pero as oportunidades, e a sorte, ás veces chegan andando sobre unha soa perna…

ANA MARÍA GALEGO GEN gaña o 5º PREMIO MEIGA MOIRA 2012 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por BAÍA EDICIÓNS

O Xurado, formado polas escritoras Marica Campo e Andrea Maceiras, gañadora do 4º Premio Meiga Moira coa obra Violeta tamurana, a profesora de ensino medio na Coruña Dores Fernández López, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, reunido o venres  día 21 de setembro de 2012 resolveu conceder por unanimidade o 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á obra presentada baixo o lema “Mago Chalupa”.

Abertas as plicas, a mesma resultou corresponder a presentada pola escritora ferrolá Ana María Galego Gen, que leva como título Bandeiras negras e proposta para o tramo de idade de 12 a 16 anos.

O Xurado destacou na obra gañadora, entre outros aspectos,  que:

1)     Supón a recuperación para a literatura galega do xénero clásico de aventuras e máis en concreto o da narración de piratas.

2)     Incorpora unha perspectiva nova na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller transvertida de home.

3)     Dálle nova vitalidade ás personaxes d’A Illa do Tesouro, completando os contornos e a personalidade da figura do John Silver.

4)     Emprega unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.

5)     Se serve dos mellores recursos da técnica narrativa da page-turner, ao facilitar unha lectura continuada e implicar os lectores e as lectoras no narrado.

A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.

Noutra orde de cousas, o Xurado valorou a alta calidade e cantidade das obras presentadas, das que alcanzaron a selección final 27, o que evidencia o extraordinario momento que vive a literatura en galego dirixida ao público infantil e o importante xermolo de escritoras e escritores que está dando o país para seguir facendo avanzar o galego como idioma literario e de uso vehicular entre as nosas nenas e nenos.

Ana María Galego Gen recibe o V Premio Meiga Moira coa novela ‘Bandeiras Negra’

A novela Bandeiras Negra, presentada baixo o lema “Mago Chalupa” que resultou ser da autoría de ANA MARÍA GALEGO GEN, recebeu por unanimidade do xurado “V Premio Meiga Moira” de Literatura Infantil e Xuvenil por:

1)  Supor a recuperación do xénero clásico de aventuras e máis en concreto, das narracións de piratas.

2) Incorporar unha perspectiva novidosa na voz narrativa feminina dunha escrava negra, reutilizando o recurso clásico da muller travestida de home.

3) Darlle nova vitalidade ás personaxes da Illa do Tesouro e, en especial, por completar os contornos e a personalidade da Figura de J. Silver.

4) Empregar unha lingua axustada, expresiva e rica no desenvolvemento da historia.

5) Servirse dos mellores recursos da modalidade “page turner”, ao facilitar unha lectura continuada e implicar aos lectores no narrado.

«O hobbit» de Tolkien cumpre 75 anos

Hai 75 anos, o lingüista e escritor británico John Ronald Reuel Tolkien enviou por primeira vez a un pequeno hobbit a vivir unha gran aventura. Os 75 non son demasiados anos para un hobbit, xa que a maioría vive máis de 112, salvo que, como Bilbo Bolsón, abandonen a Comarca para internarse no descoñecido. O hobbit, o libro sobre as aventuras de Bilbo, apareceu por primeira vez o 21 de setembro de 1937, publicado pola editorial George Allen & Unwin. «É case imposible atopar un autor de relatos fantásticos da segunda metade do século XX que non estea influenciado por Tolkien», asegura o experto en literatura, escritor e especialista neste autor, Adam Roberts. «Sobre todo no que respecta a escritura fantástica para adultos», matiza.

Libro de culto

En todo o mundo é famosa sobre todo a monumental obra O Señor dos Aneis, que viu a luz en Reino Unido en 1954. (En español foi publicada por primeira vez por Minotauro en 1980). Desde entón, converteuse nun libro de culto. Foi grazas a ela que creceu tamén a fama do hobbit, unha obra bastante anterior, breve e destinada, nun principio, aos nenos. Así, mentres que no Señor dos Aneis fálase da guerra entre o ben e o mal que involucra a moitas nacións, no hobbit a trama é moito máis sinxela. Un dos hobbits, esas criaturas pequenas e peludas cun carácter afable, decide emprender a aventura de atopar un tesouro qu está en mans dun dragón, xunto a algúns ananos e meigos. No camiño coñece a seres extraordinarios como os elfos, pero tamén terribles como os orcos. Finalmente, atopan un anel máxico.

Éxito relativo

Segundo Roberts, durante anos o libro tivo un éxito relativo: ata 1950 vendéronse apenas uns 12.000 exemplares. Pero co arrastre do Señor dos Aneis, a cifra creceu ata un millón a finais dos anos 60. Logo viñeron as películas, e a tolemia disparouse. «Un cálculo conservador sobre as vendas en todos os idiomas ascende aos cen millóns de exemplares», afirma o experto.

¿Pero por que é tan popular O hobbit 75 anos despois da súa publicación? Roberts cre que hai tres razóns. «A máis obvia é que é unha historia incriblemente cativadora e sobre un personaxe simpático». A segunda é a invención do hobbit en si. «Como son tan pequenos, os nenos identifícanse con eles. E polo seu estilo de vida confortable de clase media reflicten as experiencias de moitos adultos. Son un bo xeito de meter no corazón da historia ao ?home pequeno? e a ?muller pequena?, é dicir a todos nós», opina o experto. En terceiro lugar, a obra gaña en profundidade e amplitude porque está enmarcada no mundo fantástico de Tolkien, que está moi ben construído. Tanto, que o profesor de Oxford chegou a crear linguas completas para a Terra Media, o sitio onde teñen lugar estas obras. Tolkien escribiu incluso unha especie de crónica con datos históricos detallados, configurou unha mitoloxía enteiramente propia, un cosmos completo. Segundo declarou no seu día, quería contrapor a imaxinación a «a crueza e fealdad da vida moderna». Millóns de lectores opinan que o logrou.

Fonte: La Voz de Galicia

Tenda Baía Edicións: O mundo máxico de Tolkien

Xurxo Souto fai un achegamento crítico sobre a obra de Natalia Carou, O ALENTO NAS COSTAS.

Baía Edicións presentou o día 8 de agosto, na Feira do libro da Coruña O alento nas costas, de Natalia Carou Figueira, que tivo lugar na Carpa da Feira do Libro (Xardíns de Méndez Núñez) ás 21:00 horas, no que interviron, ademais da autora, Julián Hernández (guitarra e vocalista de ‘Siniestro Total’), Xurxo Souto (músico, escritor e divulgador cultural) e Belén López Vázquez (Directora Editorial de Baía Edicións).

O acto de presentación estivo cheo de amigos, curiosos e amantes da literatura. Xurxo Souto fixo unha achega crítica sobre a obra na que só tivo boas palabras tanto para a autora, Natalia Carou (sendo esta a súa primeira obra publicada!) como para a historia, aventura, fantasía… que narra nas 334 páxinas que contén o libro. Julián Hernández tamén participou nesta aproximación crítica sobre a obra comentando que a doble visión que se fai na obra sobre a época Medieval e a actualidade é espectacular. Natalia Carou rematou este acto explicando ao público asistente os motivos que a levaron a facer esta obra chea emoción, aventura, viaxe…

Podes ver e escoitar parte deste acto no canal de Youtube de Baía Edicións.

Feira de Boloña 2010

Baía Edicións participou na FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE BOLOÑA 2010, o evento profesional destas características máis importante do mundo. Read more

Entrega do IV Premio Meiga Moira ‘Violeta tamurana’

Baía Edicións entrega o IV Premio Meiga Moira 2010 Achegarte da Coruña. O acto de presentación tivo lugar, no marco de ACHEGARTE, na Coruña o sábado día 2 de abril de 2011, ás 12:00 horas, nas instalacións de Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n), da obra da autoría da escritora coruñesa Andrea Maceiras Lafuente, titulada Violeta tamurana, e ilustrada polo boirense Rodrigo Chao Blanco. No acto, ademais da autora, participou a escritora Marica Campo, integrante do Tribunal que resolveu o IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil 2010, e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións, que se encargaron de facer un achegamento crítico a esta obra.

Entrega do III Premio Meiga Moira ‘Os Globos de Andar’

Baía Edicións fai entrega do III Premio Meiga Moira 2008 ao libro Os Globos de Andar de Xavier López Rodríguez. Este acto tivo lugar no marco da feira Culturgal no edificio do PALEXCO na Coruña o día 4 de decembro, ás 11:30 horas, no que interviñeron, ademais, do autor, o catedrático de Literatura Galega da UDC, Carlos Paulo Martínez Pereiro como presidente do tribunal e Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións. O acto contou tamén coa realización dun contacontos do libro por parte de Fátima Fernández. Read more

Achegarte 2011

Baía Edicións contou con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h. realizouse a entrega de premios “Meiga Moira 2011”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recolleu o seu premio pola obra Violeta Tamurana, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contouse cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico. Read more