Artigos Baía Edicións

“Ferreñas e rock and roll” seleccionado no II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade

O proxecto Ferreñas e rock and roll presentado por Baía Edicións ao II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, foi seleccionado entre os dez merecedores de apoio. O proxecto, autoría de Laura Romero e Iria Pedreira, ten como obxectivo a publicación dunha historia de mulleres avanzadas […]

GÁLIX nomea a María Jesús Fernández Socia de Honra 2019

A xunta directiva de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) decidiu por unanimidade nomear Socia de Honra 2019 a María Jesús Fernández Fernández, experta en Literatura Infantil e Xuvenil, mestra, crítica literaria e tradutora. Chus Fernández é socia fundadora de GÁLIX (1989), onde ademais ocupou os cargos de vogal e vicepresidenta. Actualmente colabora […]

Centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala

Para celebrarmos o centenario da II Asemblea das Irmandades da Fala, na Libraría Couceiro, o mércores 13 de novembro ás 19.30 horas, o profesor e doutor Emilio Xosé Ínsua disertará sobre esta efeméride. A conferencia xirará arredor do contexto, desenvolvemento e significado da segunda Asemblea Nacionalista, celebrada polas Irmandades da Fala en Compostela en novembro […]

A escritora coruñesa Pilar Pallarés, galardoada co Premio Nacional de Poesía 2019

A galega Pilar Pallarés foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Poesía 2019, por Tempo fósil, unha obra distinguida por transmitir “con profunda sabedoría e emoción” a experiencia da perda, segundo destacou o xurado. Pilar Pallarés (Culleredo, A Coruña, 1957) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como profesora de […]

Feliz Día das Bibliotecas

Desde 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. Esta asociación, membro da OEPLI, facilita na súa páxina o cartel e […]

Celebramos hoxe o Día Europeo das Linguas

Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase a esta festa que, […]

‘Denébola a Roxa’ e ‘Historia das mulleres galegas’ entre os seleccionados para a 3ª ‘Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade’

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, e a Secretaría Xeral de Igualdade veñen de publicar a III Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade. Esta publicación,m que está dispoñible xa para descarga na rede, pretende destacar aqueles libros que superan a discriminación de xénero, salvando estereotipos, prexuízos e roles de […]

Xerardo Quintiá Pérez gaña o II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

O Xurado, formado por Ana Luísa Bouza Santiago, socióloga, colaboradora de medios de comunicación, membro do consello de redacción da revista Andaina e administradora da revista Luzes, Montse Pena Presas, profesora da USC, escritora, colaboradora de medios de comunicación e crítica literaria, Patricia Porto Paderne, xerente da libraría compostelá especializada en temática feminista Libraría de […]