I Outlet do Libro Galego de Allariz

O I Outlet do Libro Galego de Allariz terá lugar entre o 31 de marzo e o 8 de abril na localidade ourensá. Colaboran no evento o Concello de Allariz, A Librería Airas das Letras e a Asociación Galega de Editores. Estanse a programar diversas actividades de animación e dinamización cultural que transcurrirán durante o desenvolvemento da actividade de venda.

 

É a primeira vez que a AGE participa e colabora nun evento destas características e no que se van pór á venda máis de 648 títulos a prezos de outlet e a experiencia agárdase que sexa exitosa. O outlet vaise instalar na Praza de Abastos da cidade.

 

Os prezos dos libros oscilarán entre os 3 e os 15 euros para grandes obras. Os organizadores acordaron realizar tamén vendas por lotes e venderanse ata 5 títulos por 10 euros.

 

Fonte: AGE