Infantil-Xuvenil Pola noite 978-84-9995-399-1 16,90 € Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O tempo e as estacións 978-84-9995-225-3 11,05 € O león Leonardo mostra ás nenas e aos nenos o aspecto cambiante do planeta Terra debido ás estacións e ao tempo que provocan e que afecta moi significativamente tanto a vida das persoas como dos animais. Pódese considerar como unha chamada encuberta ao respecto necesario da natureza e da vida nos distintos lugares da nosa sorprendente e marabillosa casa... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O meniño Nito 978-84-92630-03-5 13,25 € Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. INCLÚE DVD. Ano: 2009 Nº de páxinas: 32 ISBN: 978-84-92630-03-5 Ilustración: Romero, Macus Engadir á cesta