Infantil-Xuvenil Desmontando o corpo, construíndo a ciencia 978-84-9995-368-7 16,55 € Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres. Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo. Atréveste a seguir os seus pasos? Ano: 2021 Nº de páxinas: 48... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A pita xefa 978-84-9995-381-6 15,40 € Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Ano: 2021 Nº de páxinas: 30 ISBN: 9788499953816 Ilustración: Seoane, Marina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Madeira e metal 978-84-9995-365-6 14,35 € Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade. A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade. Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Creación Literaria XelArias. Palabra á intemperie 978-84-9995-358-8 14,35 € A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. Ano: 2021Nº de páxinas:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Feminino singular, en plural 978-84-9995-340-3 14,35 € É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O País do Gran Furado 978-84-9995-324-3 14,35 € Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2019). «O País do Gran Furado é unha obra que resalta polo seu humor irreverente, pola súa transgresión dos contos populares e por reivindicar a poesía, a alegría e a revolución como camiños para procurar a igualdade. Ano: 2019Nº de páxinas: 26ISBN: 9788499953243Ilustración:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A Meiga Chuchona 978-84-9995-299-4 12,05 € Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? Ano: 2018Nº de páxinas: 36ISBN: 978-84-9995-299-4Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Vermella 978-84-9995-298-7 14,35 € Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018). Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente? Quen é a vítima? Serán quen de resolveren este enigma? Ano: 2018Nº de páxinas: 26ISBN: 9788499952987Ilustración:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A reconquista 978-84-9995-297-0 14,35 € Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018). No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017) 978-84-9995-287-1 12,10 € Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola. Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O Gatipedro 978-84-9995-285-7 12,05 € Un neno, que se considera maior de máis, négase xa a poñer cueiros cando vai durmir pero ten un grave problema: polas mañás ten que soportar as queixas do pai e as burlas do irmán pequeno ao erguer da cama coas sabas molladas. Por que, malia ser maior, teño que poñer cueiros? Quen me fai isto a min? Teño que descubrir o causante de que molle a cama, pois... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O castiñeiro do Apalpador 978-84-9995-234-5 10,40 € Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificamente ilustrada a toda cor. Ano: 2017Nº de páxinas: 30ISBN: 978-84-9995-234-5 Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A xacia Luviñas 978-84-9995-217-8 9,40 € A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Dá a coñecer tamén as embarcacións tradicionais máis empregadas nos labores diarios no río Miño. A xacia Luviñas en Trafegando Ronseis. Ano: 2017Nº de páxinas: 25ISBN: 978-84-9995-217-8Ilustración: Ouro, Cristina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Caramulo e a carpinteira dos soños 978-84-9995-218-5 9,40 € Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, representadas no vello Xepeto. Ano: 2017Nº de páxinas: 25ISBN: 978-84-9995-218-5Ilustración: Ouro, Cristina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A burra Ramona 978-84-9995-080-8 11,05 € A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei. Ano: 2013 Nº de páxinas: 42 ISBN: 978-84-9995-080-8 Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Unha boa gatucada! 978-84-9995-425-7 14,50 € Poemario de Pilar Pallarés, dirixido ao mundo infantil e ilustrado con distintas técnicas por Ana Pillado e Gaila González, a través do cal fai unha chamada a saborear a vida e a gozar da compañía con outras especies. Unha boa gatucada! é unha obra construída para o divertimento por tres mulleres que aman a poesía, a plástica, a vida... e o mundo felino.... Engadir á cesta
Primeiros lectores (+ de 3 anos) E que vai ser? 978-84-9995-434-9 15,90 € Unha bebé escoita desde o inicio da súa xestación como a nai ten que responder da forma máis sorprendente a familiares e amizades as preguntas que lle fan sobre que vai ser ela unha vez naza. Tanto importa? *** Obra gañadora do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2023), polos motivos que indica o xurado: E que vai ser? é... Engadir á cesta
Conto x conto A meiga roubasoños 978-84-9995-454-7 14,50 € As nenas e nenos da vila andan tristes, estánlles roubando os soños que os facían felices e xa non saben de que falar; mesmo o sol brilla menos. Por que Taparuxa lles fai iso? Como impedirllo? Entra nesta historia para descubrilo, a ti tamén che pode pasar .Este conto, ademais, anima a xogar coas palabras para conseguir unha perfecta pronunciación desas... Engadir á cesta