Condicións de venda
Condicións de Compra de material
- Listas de prezos.
- Sistemas de pago.
- Formas de envío e prazos de entrega.
- Garantía.
- Devolucións e cambios de material.
- Protección de datos de carácter persoal.
- Lexislación aplicábel e xurisdición competente.
1. Listas de prezos
Todos os prezos expostos na lista dos nosos produtos son con impostos. No Resumo final de compra móstrase o prezo definitivo da mesma, indicando tamén os datos de envío. En relación ao Imposto sobre o Valor Engadido, como regra xeral aplicarase o tipo impositivo do 4% . Os prezos expostos en www.baiaedicions.gal poderán ser revisados e modificados se as condicións o requiren en calquera momento.
Produtos en Oferta
Todos os produtos que Baiaedicions.gal promocione a un prezo especial mostraranse na web coa seguinte información: prezo de oferta, prezo habitual, porcentaxe de desconto e data de finalización da oferta ou promoción. Estas ofertas estarán dispoñíbeis até a data indicada, salvo fin de existencias; nese caso o produto desaparecerá automaticamente da web.
2. Sistemas de pago
- Transferencia bancaria.
- Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD.
Ao seleccionar a transferencia bancaria como medio de pago recibirá, xunto coa confirmación do seu pedido, un e-mail onde se lle indicará o número de conta en que efectuar a transferencia bancaria a nome de BAÍA EDICIÓNS A CORUÑA, SL. É moi importante que indique no asunto o número de pedido, así como o seu nome e apelidos, e realice a transferencia dentro dos 3 días posteriores á data de confirmación do pedido para poder validalo. Se o desexa, pode enviarnos o xustificante da transferencia por fax (+34) 981 915 698, ou por e-mail comercial@baiaedicions.gal. Pero, en calquera caso, non se considerará efectivo o pedido até que o noso departamento de administración non teña confirmación bancaria da transferencia. Non esqueza que debe efectuar o pago en EUROS e que todas as eventuais comisións de cambio e bancarias corren pola súa conta ao optar por este sistema de pago. No caso de transferencias bancarias realizadas desde fóra do Estado Español é moi importante que, ao ordenar a transferencia, comunique sempre ao seu banco facerse cargo das comisións en orixe, aquelas comisións bancarias e gastos correspondentes á súa entidade. De non ser así, BAÍA EDICIÓNS podería paralizar o envío do seu pedido, ao non recibir a cantidade íntegra do mesmo.
Tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD Garantímoslle que cada unha das transaccións realizadas en Baiaedicions.gal é 100% segura. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios realízanse utilizando unha contorna segura. Baiaedicions.gal utiliza un servidor baseado na tecnoloxía de seguridade estándar SSL (Secure Socked Layer). Toda a información que nos transmita viaxa cifrada a través da rede. Así mesmo os datos, sobre a súa tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos, senón que van directamente ao TPV (Terminal Punto de Venda do Banco). Ademais, informámoslle que, nun esforzo por proporcionar maior seguridade aos propietarios de tarxetas de crédito, incorporamos na nosa pasarela de pagos o sistema de pago seguro denominado CES (Comercio Electrónico Seguro). Desta forma, se é titular dunha tarxeta “securizada” sempre poderá efectuar pagos con tarxeta VISA ou MASTERCARD na nosa tenda. No caso de que a súa tarxeta non estea adherida a este sistema de pago, Baiaedicions.gal só admitirá o pago con tarxeta de crédito VISA ou MASTERCARD a clientes con antigüidade e fiabilidade demostradas anteriormente. En ambos os casos, ao pagar con tarxeta VISA ou MASTERCARD solicitaránselle sempre os seguintes datos: o número de tarxeta, a data de caducidade, e un Código de Validación que coincide coas 3 últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da súa tarxeta VISA ou MASTERCARD, ofrecendo, desta forma, máis garantías acerca da seguridade da transacción.
Que é CES (Comercio Electrónico Seguro)?
CES é un sistema para asegurar as transaccións na Internet promovido por Visa Internacional, Mastercard, Microsoft e Netscape, entre outros. O fin principal é dar maior seguridade tanto ao usuario da Internet como aos comercios que venden a través da Rede, ao autentificar ao comprador como lexítimo titular da tarxeta que está utilizando. Na práctica, ao pagar cunha tarxeta VISA ou MASTERCARD “securizada”, solicitaráselle, ademais do número e data de caducidade, unha clave persoal de uso exclusivo para compras pola Internet que lle identifica, de xeito inequívoco, como o seu propietario. Desta forma, ninguén poderá facer unha compra na Internet se descoñece esta clave. Poderá distinguir se está activado o protocolo de Comercio Electrónico Seguro polos logos de VISA “Verified by VISA” e de Mastercard “Mastercard Secure Code”. Se aínda non recibiu unha clave persoal de uso exclusivo para pagos na Internet, aconsellámoslle que solicite á súa entidade financeira adherir ás súas tarxetas ao servizo de Comercio Electrónico Seguro. Para iso pode porse en contacto co seu banco ou se é cliente de banca electrónica poderá pedilo online directamente. A continuación mostrámoslle uns links onde poderá comprobar se o seu banco está ou non afiliado a Verified By Visa ou Mastercard Secure Code:
- Europa
- America Latina e Caribe
- Asia Pacific
- USA
A fraude con tarxeta de crédito é un delito, e BAÍA EDICIÓNS estabelecerá acción xudicial contra todo aquel que realice unha transacción fraudulenta na nosa tenda on-line.
3. Formas de envío e prazos de entrega
BAÍA EDICIÓNS garante a entrega do pedido a Correos (no caso de seleccionar este tipo de envío) ou á empresa de Transporte (no caso de seleccionar este tipo de envío), ao día seguinte da realización do mesmo, de todos aqueles pedidos que se formalicen antes das 15:00 horas (hora española), sempre que se atopen en stock, e salvo que se realicen en sábados, domingos e festivos. Nese caso, o pedido tramitarase o primeiro día laborábel posterior ao día de realización do mesmo. Ademais, terase en conta que os prazos se computan en días laborábeis e que poden verse alterados por festas locais ou nacionais. E recorde, se a forma de pago elixida é transferencia bancaria, non se realizará o envío do pedido até que non teñamos confirmación bancaria da transferencia. A entrega final do pedido realizarase nun prazo máximo de 15 días. BAÍA EDICIÓNS resérvase o dereito de variar o tipo de envío e a compañía pola cal se efectúa este, independentemente do exposto nestas páxinas, e sempre que non supoña un prexuízo manifesto para o cliente. Nos prezos indicados para os gastos de envío non se inclúen os posibles gastos adicionais por aduanas e impostos, que en todo caso serán pagados en destino polo receptor da mercadoría.
Atención. Baía Edicións resérvase o dereito a modificar os prazos de entrega sen previo aviso no caso de pedidos de grandes dimensións.
4. Garantía Os clientes de BAÍA EDICIÓNS benefícianse da garantía dada por Baía Edicións.
Os defectos ou danos debidos a unha incorrecta utilización ou manipulación do material ou os desgastes producidos por un uso anormal do mesmo, non se inclúen nesta garantía.
5. Devolucións e cambios de material
O noso departamento de atención ao cliente dispón dun servizo posvenda para solucionar calquera problema cos nosos artigos ou envíos, a través do cal intentamos ofrecer unha atención rápida e eficaz aos nosos clientes. Contacte con nós aquí.
6. Protección de datos de carácter persoal
En cumprimento do estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que cantos datos persoais nos facilite serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de Baía Edicións A Coruña, SL. A finalidade deste ficheiro é facilitar a tramitación dos pedidos e, no caso de que nos autorice expresamente na casa correspondente, tamén a enviarlle comunicacións comerciais sobre produtos e servizos que poden resultar do seu interese. Os clientes de Baía Edicións A Coruña, SL poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por correo electrónico a comercial@baiaedicions.gal ou por escrito a Baía Edicións Polígono de Pocomaco, 2ª Avda. Parcela A2/52. 15190 A Coruña. Cookies Baiaedicions.gal utiliza “cookies” co único fin de ofrecer un servizo máis personalizado e axudar a que a navegación polas súas páxinas resulte máis fácil e axustada ás preferencias dos seus usuarios. Unha “cookie” é un pequeno ficheiro de texto que un servidor de páxinas Web almacena na unidade de disco duro do usuario. As “cookies” non poden por si mesmas identificar unha persoa, xa que non fan referencia a ningún dato de carácter persoal e non se poden executar como código ou conter virus. As cookies axudarannos, por exemplo, a gardar a configuración do usuario (idioma e país desde o que navega) para que non teña que introducir estes detalles de novo na súa próxima visita. Ademais, permitiranos xestionar a súa cesta da compra e conservar a información do seu pedido mentres percorre as nosas páxinas. Tamén nos permite que, unha vez que se identificou co seu usuario e contrasinal por primeira vez, non teña que volver introducir estes datos en cada visita para acceder ás seccións de Baiaedicions.gal que requiren identificación previa. Na cabeceira de Baiaedicions.gal, aparecerá “Benvido” e a continuación o seu nome de usuario. Así, resultaralle máis cómoda a navegación pola nosa web. Utilice a opción de “Pechar Sesión” se accede á nosa páxina desde un computador público. Con todo, teña en conta que, como medida para garantir a seguridade dos seus datos persoais, si terá que identificarse de novo para acceder á sección da Tenda online e efectuar unha compra, independentemente de que xa se identificara previamente para acceder a outras seccións. A maioría dos navegadores aceptan automaticamente “cookies” pero tamén é posíbel configuralos para a súa non aceptación. Neste caso o usuario poderá navegar pola web, pero para poder realizar unha compra en Baiaedicions.gal será indispensábel que o navegador acepte as chamadas “cookies de sesión”, aquelas que existen unicamente mentres permanece en Baiaedicions.gal e desaparece se se pecha o navegador. A continuación explicámoslle o xeito de configurar o seu navegador para que acepte cookies.
1. Internet Explorer 6.0
- Selecciona Ferramentas.
- Opcións da Internet.
- Faga clic en Privacidade
- O valor predeterminado é Medio, que che permitirá aceptar cookies. Para cambiar este valor, desprace a barra á configuración que desexe. Se ten a configuración definida como Personalizada, pulse o botón Avanzada e seleccione Aceptar Cookies.
2. Internet Explorer 5.0
- Seleccione Ferramentas.
- Opcións da Internet.
- Faga clic en Seguridade.
- Pulse Internet, e para rematar, Nivel personalizado.
- En Cookies seleccione Activar.
3. Internet Explorer 4.0
- Seleccione Ver.
- Opcións da Internet.
- Pulse en Avanzadas.
- Sitúese na icona de exclamación amarelo que se atopa en Seguridade e seleccione Permitir cookies.
4. Netscape Communicator 6.0
- Faga clic en Editar.
- Preferencias.
- Privacidade e Seguridade.
- En Cookies seleccione Activar.
5. Netscape Communicator 4.0
- Faga clic en Editar.
- Preferencias.
- Avanzadas.
- En Cookies determine o grao que desexe.
7. Lexislación e xurisdición
As presentes condicións xerais interpretaranse conforme á lexislación vixente no Estado Español na materia, que se aplicará subsidiariamente en todo o que non se previu nas mesmas. (Basicamente Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da información e comercio electrónico).
Dirección fiscal:
Baía Edicións A Coruña, S.L.
NIF: B-15635246
Polígono de Pocomaco, 2ª Avenida - A2/52
Teléfono (+34) 981 174 296
Fax (+34) 981 915 698
15190 A Coruña (Galiza)